spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO XII certame de fotografía «Viaxando» chega á Guarda

O XII certame de fotografía «Viaxando» chega á Guarda

O Concello da Guarda acolle a partires do luns 4 de febreiro a exposición formada polas fotografías participantes no XII certame fotográfico «Viaxando», un concurso creado polas OMIX,s de Baiona, Tomiño, O Rosal, Porriño, Salceda de Caselas, A Guarda, Gondomar e o Espazo Xove de Tui no ano 2007.

Nesta XII edición contou coa participación de máis de 15 mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega. A fotografía gañadora do certame, que se deu a coñecer no mes de outubro, foi «Comeza a viaxe», obra de Sergio Lorenzo Ares.

A exposición poderá visitarse na Casa dos Alonsos ata o 20 de febreiro na casa consistorial, data na que a mostra seguirá coa súa ruta polos restantes concellos organizadores.

Un certame que aposta pola creatividade e orixinalidade da mocidade plasmada nunha fotografía.

- Publicidade -spot_img