spot_img
InicioVal MiñorNigránO CEIP Humberto Juanes acolle dende o luns "El juego de la...

O CEIP Humberto Juanes acolle dende o luns “El juego de la serpiente”

o-ceip-humberto-juanes-acolle-dende-o-luns-el-juego-de-la-serpienteO CEIP Humberto Juanes de Nigrán será dende o luns 16 ao venres 27 de abril un dos primeiros colexios de toda Galicia en acoller ‘El juego de la serpiente’, unha campaña europea para propiciar o transporte sostible que chega ao municipio da man da Policía Local de Nigrán e a Dirección General de Tráfico (DGT).

Este xogo implicará a todo o alumnado do centro e aos seus pais para animarlles a ir ao colexio camiñando, en bicicleta, en transporte público ou compartindo o coche entre varios. Ademáis de reducir as emisións de CO2, busca romper as percepcións negativas de moitas familias, como a preocupación pola seguridade dos nenos, e mostrar que as formas sustentables de mobilidade son tamén as máis divertidas e saudables. O motivo de realizarse no Humberto Juanes é que se trata dun centro ubicado en pleno casco urbano de Nigrán e que desde este ano conta con roteiros seguros ao ter habilitado o Concello beirarrúas en toda a contorna.

Así, durante as vindeiras dúas semanas, cada vez que os alumnos utilicen un modo de transporte sustentable nos seus desprazamentos ao cole (andando, en bicicleta, usando o transporte público ou compartindo coche), pegarán adhesivos nun colorido póster que representa unha serpe chamada Travis. O obxectivo final é cubrir completamente a serpe coas pegatinas cumplindo o reto particular do centro de incrementar un 15% os transportes sostibles, polo que dende o primeiro día, os axentes da Policía Local xunto ao profesorado realizarán unha enquisa para coñecer os progresos do alumnado.

“O xogo busca reducir as emisións de CO2 e tamén afianzar a idea de que é seguro e saudable ir ao colexio a pé. Ademais, os nenos empatizan coa figura do axente local e, a través deles, achegamos o aprendido aos seus pais”, reflexiona o inspector xefe da Policía Local de Nigrán, José Manuel Vázquez. “O CEIP Humberto Juanes conta cun roteiro seguro para os escolares, que poden desprazarse por beirarrúas dende o centro do municipio e dende a zona de aparcamento ao propio colexio. Levamos xa cinco anos recibindo clases de educación vial por parte da Policía Local de Nigrán e os alumnos están moi concienciados neste eido”, sinala Cristina Fernández, directora do Humberto Juanes. “É un xogo que reforzará o proxecto do goberno local creado para ter unha contorna máis amigable, accesible e na que o peón sexa o protagonista sen sentirse ameazado por outros medios de transporte”, sinala o alcalde, Juan González.

‘El juego de la serpiente’ comenzou como un proxecto pequeno en Flandes (Bélxica) e aos poucos foi crecendo ata converterse nunha vasta campaña europea, na que participan centos de escolas en diferentes países. Os datos mostran que o xogo aumenta o número de viaxes á escola en modalidades sustentables e que reduce as emisións de CO2.

Clases educación vial

Por outra banda, durante o mes de maio e como en cada curso escolar, a Policía Local de Nigrán impartirá clases de educación vial nos diferentes centros educativos do municipio. Trátase de clases teóricas e prácticas completamente coordinadas, deseñadas e impartidas desde a Policía Local coa colaboración de DGT, que cede os recursos para un circuíto. Mantense así un traballo que este corpo iniciou no curso 2013/2014 impulsado polo propio inspector xefe José Manuel Vázquez á súa chegada a Nigrán (anteriormente facíao a DGT co apoio dos axentes locais).

- Publicidade -spot_img