Inicio Pontevedra O Aeroporto de Vigo dedica un novo filtro de seguridade para familias

O Aeroporto de Vigo dedica un novo filtro de seguridade para familias

O Aeroporto de Vigo dedica un novo filtro de seguridade para familias, que lles facilita o proceso e garante a fluidez de tránsito ao resto de viaxeiros

O Aeroporto de Vigo puxo en servizo un filtro para familias, que lles facilita e fai máis cómodo o paso polo control de seguridade, á vez que garante a fluidez de tránsito ao resto de viaxeiros. Por este novo filtro pasarán os pasaxeiros que viaxan con nenos e carriños de bebés, que debido ás súas peculiaridades, empregan máis tempo para o proceso de inspección. O novo filtro ten como finalidade mellorar as instalacións e o servizo ofrecido aos usuarios, á vez que absorber con calidade o incremento de pasaxeiros.

A nova zona está dotada de espazos de espera infantís onde se pode deixar aos menores de tres anos en asentos adaptados ás súas características, tanto antes como despois do filtro de control, mentres os adultos proceden a preparar ou a recoller a súa equipaxe de man.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies