spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Castelo de Soutomaior confírmase como destino seguro e avanza en excelencia

O Castelo de Soutomaior confírmase como destino seguro e avanza en excelencia

Ángeles Álvarez, Inmaculada Montalbán, Marisa Soleto, Gloria Poyatos, Yolanda Domínguez, Rosana Izquierdo e Mª Paz Filgueira serán as relatorasA aposta pola calidade da Deputaciónde Pontevedra dará novos froitos para o Castelo co prestixioso selo europeo Observer como destino de turismo científico

O Castelo de Soutomaior confírmase como un destino seguro, tras reabrir as súas portas o pasado martes, e avanza na aposta da Deputación de Pontevedra pola excelencia.

A presidenta, Carmela Silva, supervisou hoxe todas as medidas de protección incluídas nos plans de continxencia que, de forma exhaustiva, garanten a seguridade e tranquilidade de visitantes e do persoal do Castelo.

A presidenta da Deputación mostrou a súa “satisfacción xa que o empeño e traballo por gañar en calidade turística nos dará novos froitos moi cedo”. Por unha banda, Carmela Silva confirmou o avance dos traballos para que o Castelo, que xa é destino Sicted, poida optar á Q de calidade. Por outro lado tamén avanzou que o Castelo camiña cara á obtención do prestixioso selo Observer, a primeira certificación europea especializada na posta en valor dos espazos de turismo científico, que no caso de Soutomaior subliñaría os seus valores históricos e botánicos.  De feito este mesmo mércores persoal técnico do programa comezará a avaliar o recinto. Hai que lembrar que o de Soutomaior é Xardín de Excelencia Internacional, de máis de 15.700 m 2, con 175 especies arbóreas diferentes, algunhas delas con máis de oitocentos anos de antigüidade, sendo especialmente relevante a colección de máis de 300 exemplares de camelias, de 22 tipos distintos.

O Castelo de Soutomaior confírmase como destino seguro e avanza en excelencia

En canto á seguridade, Carmela Silva sinalou que a visita de hoxe era “observar en primeira persoa todos os protocolos e medidas postas en marcha para garantir a saúde tanto das persoas que aquí traballan como das que o veñen a visitar”. Neste eido, a presidenta provincial comprobou na mesma entrada o punto de información dende o que persoal técnico do Castelo explica as medidas de hixiene e distanciamento que se teñen que cumprir durante a visita. Tamén neste espazo se toma a temperatura a todas as persoas que se achegan ao recinto.

É obrigatorio o uso de mascarillas e o emprego de luvas xa que, tal e como explicou a presidenta, “se trata dun espazo museístico interactivo e cómpre evitar toda posibilidade de contaxio”. Precisamente, por este mesmo motivo desactiváronse de xeito temporal as pantallas táctiles, sobre todo de cara ao público infantil. Ademais, para minimizar os riscos, á entrada do castelo, hai dispostas xa fontes de hidroxel que permiten desinfectar as mans.

En canto ao percorrido das visitas mantense o habitual, con persoal de seguridade que se encarga de definir claramente a saída para evitar que haxa cruces entre as persoas. O que si varía é o aforo, tamén controlado polo persoal de seguridade, que estará limitado ao 50% o que supón aproximadamente a presenza de 160 persoas visitando simultaneamente o Castelo. Ademais, para recordar as medidas de distanciamento social, cada quince minutos escoitarase en bucle a través da megafonía unha mensaxe para manter a distancia de dous metros de seguridade. No marco do plan de continxencia do Castelo de Soutomaior, as medidas de limpeza e ventilación estanse extremando ao máximo. No que respecta ao persoal que atende o castelo, está equipado con equipos de protección individual: mascarillas e luvas e pantallas protectoras para as visitas guiadas, para garantir unha correcta explicación sobre todo de cara ás persoas con dificultades auditivas.

Actividade virtual no confinamento: “O Castelo foi visitar á xente ás súas casas. Agora lles pedimos que volvan presencialmente a visitalo”

A presidenta da Deputación recordou que durante o confinamento o Castelo de Soutomaior tivo unha importante actividade on line, chegando á cidadanía mediante actividades e xogos interactivos, campañas como #RíasBaixasenCasa ou #21Days21Destinantios,  vídeos e fotografías sobre a floración de diferentes especies e tamén sobre as actividades que se realizan habitualmente, para manter “vivo” todo o que se pode facer neste espazo. Igualmente, celebráronse online efemérides como o Día do Libro (co sorteo do exemplar “María Vinyals. La mujer del porvenir”), Día de Europa (recordando o artigo “La Europa que yo vi” de María Vinyals) ou o Día Internacional dos Museos. “O castelo foi visitar á xente ás súas casas, destacou Carmela Silva, e agora lles pedimos que volvan presencialmente a visitalo porque é unha experiencia única, un lugar máxico con recunchos e relatos que falan da súa incrible historia dende o século XII”.

- Publicidade -spot_img