O Monte Real Club de Yates é un dos portos deportivos de Galicia recoñecidos pola ADEAC con bandeira azul neste 2020
O Monte Real Club de Yates renovou, un ano máis, a súa bandeira azul polo coidado ambiental das súas infraestruturas, a calidade das súas augas e a excelencia dos seus servizos náuticos.
O plan ambiental posto en marcha polo club recolle actuacións relacionadas coa auga, os residuos, o consumo de enerxía, a seguridade ou a saúde
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) incluíu ao Monte Real na lista de portos deportivos de Galicia que obteñen este ano o distintivo de ‘porto deportivo bandeira azul’. O club consolida así unha distinción que mantén, de forma ininterrompida fóra dun ano, desde 1988, cun programa ambiental específico que recolle actuacións relacionadas coa auga, os residuos, o consumo de enerxía, a seguridade ou a saúde, entre outras accións.
O Monte Real ten na actualidade 5 distincións ambientais e de calidade turística:
1) BANDEIRA AZUL – Desde 1988
2) Q DE CALIDADE – Outórgase aos establecementos que cumpren unha norma internacional que avalía criterios de calidade, rigor e profesionalidade
3) SICTED – Selo de Compromiso de Calidade Turística
4) QUALITY COAST – Premio internacional que distingue a calidade ambiental costeira da zona para un turismo sostible
5) SELO GALICIA CALIDADE – Distinción que outorga a Xunta de Galicia que avala a calidade dunha instalación como referente lúdico e deportivo



