spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO distintivo de Bandeira Azul ondeará un ano máis nas praias guardesas...

O distintivo de Bandeira Azul ondeará un ano máis nas praias guardesas de ‘Area Grande e O Muiño’

O distintivo de Bandeira Azul ondeará un ano máis nas praias guardesas de 'Area Grande e O Muiño'Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucirán o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán

Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.  A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.

En total, 688 bandeiras azuis ondearán este ano en España: en 589 areais; 98 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 5 embarcacións turísticas sostibles. Para A Guarda outorgáronse este ano dúas Bandeiras azuis, que forman parte do total de 107 areais con este distintivo en Galicia.

Este ano, e debido as obras de mellora da accesibilidade na Praia do Muíño, que se tiñan previsto rematar antes da tempada estival, e que sufriron un retraso por mor da situación provocada polo Covid-19, na praia do Muíño non ondeará a bandeira azul ata que rematen ditas obras e se poda dar o servizo nas condicións propias deste distintivo de calidade.

- Publicidade -spot_img