spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Camiño Portugués pola Costa recoñecido oficialmente

O Camiño Portugués pola Costa recoñecido oficialmente

mais-de-120-caminantes-de-a-guarda-e-caminha-faran-xuntos-a-primeira-etapa-do-camino-portugues

O Parlamento de Galicia aprobou  onte a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, na que se recolle este recoñecemento. Dáse resposta a unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con ambas as dúas rutas xacobeas

O Parlamento de Galicia aprobou a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, na cal se recoñece oficialmente o “Camiño de inverno” e o “Camiño portugués da costa” como dúas novas rutas de peregrinación a Santiago de Compostela, recollendo unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con ambas as dúas rutas xacobeas. A devandita inclusión é froito dos estudos realizados nos últimos anos e que acreditan a historicidade destas rutas.

O Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia no pasado mes de setembro, está en consonancia con esta nova normativa legal que procura, entre outros obxectivos, o mantemento dos valores esenciais do Camiño e a posta en valor do patrimonio cultural asociado ao Camiño de Santiago e que agora están referendados por esta nova Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

comillasAsí mesmo, a nova lei inclúe a incoación da declaración de BIC dunha Ruta Xacobea se os concellos polos que esta discorre o solicitan por unanimidade

Así mesmo, esta nova lei inclúe a incoación da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) dunha Ruta Xacobea se os concellos polos que esta discorre o solicitan por unanimidade, o que constitúe un paso máis na garantía da súa protección e conservación.

Por outra parte, a normativa permitirá establecer un plan territorial integrado dos Camiños de Santiago co obxectivo de avanzar pola senda dunha protección efectiva do Camiño de Santiago. O ámbito deste plan estenderase á totalidade dos territorios históricos delimitados.

1
Tui contratará a 22 persoas ao abeiro do Plan de Concellos da Deputación Provincial

O CAMIÑO PORTUGUÉS

O culto xacobeo tivo no Camiño Portugués un territorio fundamental para entender a verdadeira dimensión internacional do fenómeno das peregrinacións.

Esta ruta tomou relevancia, sobre todo a partir do século XII, tras a independencia dePortugal. O seu trazado herda vías e camiños antigos, como a Vía XIX, construída no século I d.C., que unía Braga con Astorgaa través de Ponte de Lima, Tui,PontevedraSantiago e Lugo, unha das calzadas romanas máis importantes, pois vertebrou a Gallaecia. Unha variante desteCamiño pola costa cruza o río Miño pola Guarda e, sempre pegada ao mar, conflúe coa variante interior en Redondela.

O culto Xacobeo tivo no Camiño Portugués un territorio fundamental para entender a verdadeira dimensión internacional do fenómeno das peregrinacións. Esta ruta tomou relevancia, sobre todo a partir do século XII, tras a independencia de Portugal, a mediados da centuria.

Desde o século XII, o fluír dos peregrinos cara ao norte da Península Ibérica foi establecendo conexións non só espirituais, senón tamén culturais e económicas, lazos humanos que as fronteiras políticas nunca puideron crebar. O exemplo de reis, nobres e altos clérigos contribuíu decisivamente a asentar unha gran devoción xacobea, como a soada peregrinación de dona Isabel de Portugal, a Raíña Santa, no século XIV, que ofrece ante o altar de Santiago a súa coroa e que será enterrada en Coimbra cun bordón de peregrina. Outro exemplo é o do rei portugués Manuel I, que peregrina desde Lisboa a Santiago en 1502, e que ordena como recordo da súa estancia en Compostela que unha lámpada alume día e noite o templo santiagués, para o que asignará unha renda anual.

Foi tal o sinal en terras lusas do fenómeno xacobeo que a propia rede viaria de Portugal se configuraría así, de sur a norte, pasando polos lugares que o Camiño Portugués ía fixando cara a Galicia: Lisboa,Santarém, Coimbra, Porto, Barcelos, Ponte de Lima e Valença do Minho, onde o itinerario cruza o río Miño e entra en Galicia.

No século XIX, o de menor afluencia das peregrinacións —por mor dos novos tempos marcados pola Revolución Francesa e a invasión de España polas tropas napoleónicas—, o Camiño Portugués converteuse, non obstante, na vía xacobea máis activa. Nesa centuria, máis do 80 % dos peregrinos estranxeiros foron portugueses.

Fuente: Xacobeo

Camiño Portugués:

  • Lonxitude118,4 Km
  • DificultadeMedia-Baixa

Camiño Portugués pola costa:

  • Lonxitude186 Km
  • DificultadeMedia-Baixa
- Publicidade -spot_img