spot_img
InicioBaixo MiñoO camiño Portugués pola costa consolídase

O camiño Portugués pola costa consolídase

12497_698056640262811_4940265442681832928_n Cada ano, máis peregrinos deciden realizar a súa andaina cara a Santiago de Compostela, gozando dos monumentos e excelentes vistas que ofrece o Camiño Portugués pola Costa, atravesando A Guardia, 0 Rosal, Oia, Baiona, Nigran e Vigo, e enlazando en Redondela co camiño portugués do interior, ata o seu destino final na praza do Obradoiro. Mostra disto é, que no que levamos de 2014 se incrementou nun 62% a chegada de peregrinos a Baiona, en comparación ao ano pasado, segundo datos recollidos na oficina de turismo Baiona.

Deles o 88% foron estranxeiros, 543 peregrinos procedentes de Portugal seguidos de Polonia, Francia, Italia, Alemaña, Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Bélxica, Suíza, Hungría, Xapón, Costa Rica, Dinamarca, Holanda ,Eslovenia, Corea, Irlanda, Australia, Finlandia, Noruega, Arxentina e Brasil.

Podemos engadir que un 75% dos peregrinos viaxaron en grupos de máis de 10 persoas e o 25% restante realiza o camiño en parella ou ben sós. A maioría son peregrinos asiduos que xa realizaran outros camiños e que valoran dunha forma moi positiva a paisaxista deste trazado, os monumentos a visitar en todo o seu traxecto, a acollida aos peregrinos e ter constantemente como compañeiro de percorrido o mar.

- Publicidade -spot_img