spot_img
InicioVal MiñorNigránA Festa Escénica chega a Nigrán

A Festa Escénica chega a Nigrán

10345923_698360870232388_228978452648327534_nO circo da Festa Escénica chega a Nigrán co espectáculo de gran formato Galtük, nome que nace da unión das palabras Galicia e Batukada, e que designa o lugar onde naceron os soños desta compañía, fai máis de dez anos.

O show circense, un espectáculo familiar ideado para divertir e emocionar a todas as idades, levará ao espectador a un lugar máxico da man da protagonista, unha nena valente e intrépida que vive todo tipo de aventuras acompañada de divertidos personaxes que a axudarán a avanzar superando as adversidades que se lle van presentando ao longo da súa particular viaxe.

O circo permanecerá enNigrán entre o 3 e o 24 de agosto na chaira de Montelourido, en Praia América, con sesións todos os días ás 20.30 horas. Os prezos das entradas varían segundo a zona, oscilando entre os 10 e os 15 euros.

Obradoiros circenses para nenos
Ademais, polas mañás impartiranse obradoiros de circo para nenos de entre 7 e 12 anos, unha sorte de campamento de circo que se celebrará de luns a venres entre as 11.30 e as 13.00 horas, no que os asistentes poderán dar os seus primeiros pasos na arte dos malabares e outras disciplinas circenses. Máis información sobre estos obradoiros na taquilla do circo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.