Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán, unha aposta decidida pola protección e posta en valor dos seus...

Nigrán, unha aposta decidida pola protección e posta en valor dos seus espazos naturais

10463622_697292660339209_8536493957225585983_oAo proxecto de “Acondicionamento integral nas marxes do Río Muiños”, que dotará ao termo municipal dunha nova senda peonil cunha lonxitude aproximada de 9 quilómetros y que fué presentado a semana pasada súmase que a Consellería de Medio Ambiente publicaba no Diario Oficial de Galicia (DOG) a declaración provisional do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) do Ecosistema Dunar da praia América-Panxón no Concello de Nigrán.

A Consellería declara provisionalmente este espazo como ENIL polo prazo de dous anos. Neste tempo, o Concello deberá presentar un plan de conservación do lugar e, unha vez aprobado, este lugar sería declarado de xeito definitivo.

As singulares características e beleza desta formación dunar, xunto ás especiais condicións das praias de Panxón e América, máis as zonas do bosque lindante; convértena nunha das zonas de maior interese recreativo do litoral.

Ademais é un dos espazos naturais de maior afluencia de público na época estival, ao cal tamén contribúe a súa proximidade ao núcleo urbano de Vigo e as boas comunicacións con outras provincias da comunidade e españolas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies