spot_img
InicioVal MiñorBaionaA praia Barbeira aparecerá en 5,5 millóns de cupóns da ONCE

A praia Barbeira aparecerá en 5,5 millóns de cupóns da ONCE

10557035_697162290352246_9105008414330211695_oUn total de 15 praias de Galicia estarán reflectidas no cupón diario da ONCE. De luns a xoves durante o mes de agosto, 82,5 millóns de cupóns estarán dedicados aos areais da comunidade galega. De entre máis de 800 praias, a praia Barbeira de Baiona, foi seleccionada para que o día 21 de agosto apareza reflectida no cupón que se sorteará ese día.
Unha foto preciosa dunha das praias máis bonitas de Baiona, que se distribuirá en todo o territorio estatal, aparecendo en 5,5 millóns de cupóns, o que supón unha importante promoción deste areal e da propia Vila.
Esta iniciativa da ONCE está realizada coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e pretende poñer en valor estes importantes recursos turísticos da comunidade galega.
A presentación da serie tivo lugar onte martes, día 29 de xullo, na sala Eisenman de la Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela a cargo do delegado territorial de ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e da directora de Turismo de Galicia Mª Nava Castro Domínguez. En representación do Concello de Baiona, acudiu a Concelleira de Turismo, María Iglesias, quen agradeceu á ONCE o importante labor realizado xa que esta iniciativa supoñerá unha importante promoción turística de Baiona

- Publicidade -spot_img