Esta obra revalorizará e recuperará a memoria histórica desta vila mariñeira na que as xentes do mar teñen gran protagonismo e á súa vez se adaptará ás novas formas de vida e utilización, converténdose nun lugar cheo de encanto dentro do ámbito do paseo de Monte Boi, onde os paseantes poderán gozar tamén dunha zona de descanso, baño e solario.
A construción de mediados de século pasado reconverterase nun espazo actual e moderno do século XXI, na que se poderá gozar do marabilloso ámbito do Paseo Monte Boi, das vistas da Baía, e do sol e do mar das nosas fermosa costa.



