spot_img
InicioBaixo MiñoO Camiño Portugués eixo da promoción da Eurocidade Tui-Valença na BTL de...

O Camiño Portugués eixo da promoción da Eurocidade Tui-Valença na BTL de Lisboa

o-camino-portugues-eixo-da-promocion-da-eurocidade-tui-valenca-na-btl-de-lisboa

A promoción do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Tui e por Valença é o eixo central  da presenza ata este domingo na Bolsa de Turismo de Lisboa, BTL, da Eurocidade Tui-Valença.

Un posto propio no pavillón 2 desta feira internacional serve de escaparate as múltiples potencialidades que ofrecen os dous municipios a unha e outra beira do Miño. Tres maquetas de Tui, Valença e a vella Ponte Internacional presiden o espazo expositivo achegando ao visitante unha primeira imaxe a escala da Eurocidade. Ata Lisboa desprazáronse o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o vereador de Cultura, José Monte, e o presidente da Assembleia, Alberto Vilas. Na fin de semana achegarase tamén ata a BTL o concelleiro de Turismo de Tui, Laureano Alonso.

o-camino-portugues-eixo-da-promocion-da-eurocidade-tui-valenca-na-btl-de-lisboa

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que o modelo da BTL orientado principalmente ao sector minorista permite á Eurocidade ter maior visibilidade e establecer contactos directos con touroperadores e outras empresas turísticas, de feito esta tarde tiñan previstos varios encontros. Engade que para Tui é estratéxico acudir a esta feira internacional en Lisboa tendo en conta que os portugueses ocupan o primeiro posto no número de turistas estranxeiros que visitan a cidade.  A BTL agarda ata este domingo 75 mil visitantes.

Arestora a Eurocidade traballa na promoción do Camiño Portugués ao paso polo seu territorio. De aí que a presenza en Lisboa se artella tendo coma fío condutor esta vía secular de peregrinación, entorno á que se divulga o patrimonio histórico, os conxuntos históricos das dúas cidades, os valores medioambientais do río Miño, do Parque Natural do Monte Aloia e do Monte Faro, a gastronomía con produtos coma o meixón, a lamprea, …pero tamén os viños e augardentes que se producen na Eurocidade.

Máis de 52 mil peregrinos pasaron por Tui camiño de Santiago en 2016

En 2016 21.931 peregrinos saíron da Eurocidade – 15.158 de Tui e 6.773 de Valença – que ocupa o terceiro posto  coma lugar de partida de peregrinos a Compostela sumando o cómputo de todos os Camiños.  Pero foron máis de 52 mil os peregrinos que transitaron pola Eurocidade en dirección a Santiago, xa que esa é a cifra de compostelás expedidas pola Oficina de Acollida ao Peregrino en 2016 a aqueles que realizaron o Camiño Portugués. (*todos eles pasaron por Tui xa é a distancia mínima para obter este certificado).

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.