spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III...

O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago “Fairway”

O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago “Fairway”

O pasado xoves día 7 de febreiro un grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago visitaron o Castro de Santa Trega na Guarda dentro dunha Fam trip (viaxe de cortesía que se ofrecen a operadores turísticos ou axencias de viaxes para que poidan vivir a experiencia dun destino turístico), enmarcada na celebración da terceira edición da Feira Fairway, que arranca xa este luns en Santiago de Compostela.

Despois dunha viaxe dende terras portuguesas e tras cruzar o Río Miño no transbordador Ferry-Boat o grupo chegou ata o Castro de Santa Trega na Guarda, onde foron recibidos pola técnica local de Turismo, quen realizou unha visita guiada ao Monte Santa Trega, lugar que espertou a admiración e o interese de moitos deles, maravillados polas fermosas vistas panorámicas e unha paisaxe “de encanto”.

O Camiño Portugués da Costa será un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago “Fairway” no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizarán multitude de actividades entorno aos Camiños de Santiago, con congresos, workshops e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estará presente o Concello da Guarda.

- Publicidade -spot_img