spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Camiño Portugués da Costa multiplica por cinco a súa cifra de...

O Camiño Portugués da Costa multiplica por cinco a súa cifra de peregrinos desde o seu recoñecemento oficial hai dous anos

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-CostaO Plan director do Camiño de Santiago, impulsado polo Goberno galego, centra os seus investimentos neste 2018 no Camiño Portugués, tanto interior como da costa

Entre as actuacións inclúense o proxecto de sinalización e mellora e actividades divulgativas e culturais como ‘Vive o Camiño’ ou ‘De mar a mar’, entre outras

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañados polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal Almuíña, realizaron unha andaina polo Camiño Portugués da Costa promovida por este concello pontevedrés coa que conmemoraron o segundo aniversario do recoñecemento oficial desde itinerario xacobeo, que se fixo efectivo coa entrada en vigor da Lei do patrimonio cultural de Galicia en agosto do ano 2016.

Desde que o Camiño Portugués da Costa acadara esta distinción, o número de peregrinos que o percorreron multiplicouse por cinco, ao pasar de 1.474 persoas en 2015 as preto de 8.000 que o realizaron xa neste 2018. Dáse así a circunstancia de que en só oito meses se teña xa superado o volume de todo o ano 2017, o que amosa, como sinalou a responsable de Turismo do Goberno galego, a vitalidade desta ruta xacobea e o interese que esperta nos camiñantes que peregrinan desde o sur da Comunidade. Na actualidade, é o sexto itinerario máis percorrido e concentra o 3,7% dos camiñantes, fronte ao 0,56% de hai tres anos.

Esta evolución está a ser acompañada polo Plan director do Camiño de Santiago, que lidera a Xunta e que en 2018 centra os seus investimentos no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa, seguindo o calendario previsto para as diferentes rutas que contan co recoñecemento oficial co obxectivo é que estean nun estado óptimo no Xacobeo 2021.

Esta ruta xacobea que pasa polas vilas de A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, ata confluir en Redondela coa ruta que ven de Tui (Camiño Portugués), conta cunha gran afluencia de peregrinos. Cidadáns de todo o mundo percórrena. Proba diso dan os datos facilitados pola oficina de turismo de Baiona, que testemuñan que o 78% (1.809) dos camiñantes rexistrados en 2017 son estranxeiros. Analizando as procedencias tamén se notou un cambio con respecto a anos anteriores: aínda que o perfil tipo segue sendo dun peregrino estranxeiro, durante este ano notouse o aumento de peregrinos nacionais contorna ao 22% (507).

a-nova-oficina-de-turismo-de-baiona-estara-totalmente-operativa-na-festa-da-arribadaDestacar que a Oficina de Turismo non está situada exactamente no percorrido do Camiño da Costa polo que os datos obtidos a través das sondaxes realizadas, son só unha parte dos datos reais.

O principal país emisor de peregrinos ao Camiño Portugués pola Costa este ano é Italia, ata agora os principais camiñantes procedían de Portugal que agora ocupan o segundo posto. Pero tamén destaca a cantidade de alemáns, irlandeses e estadounidense. Do mesmo xeito tamén chegan desde Inglaterra, Australia, Francia, Polonia, Holanda, ou República Checa.

Plan Director

Entre as medidas do Plan Director inclúese o proxecto de sinalización e mellora do Camiño Portugués da Costa ou o futuro albergue de Vigo e actividades divulgativas e culturais como a exposición De mar a mar, actualmente na cidade lusa de Coimbra, e o programa de artes escénicas Vive o Camiño, que nos vindeiros días ten programadas paradas en Pontevedra (luns 27), Barro (martes 28), Caldas de Reis (mércores 29) ou Tui (xoves 30), entre outros.

Cooperación con Portugal

Así mesmo, a Xunta traballa na xestión do Camiño de Santiago a través de iniciativas como o proxecto europeo Fazer Caminho, que aspira a consolidalo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar actividades que contribúan ao seu desenvolvemento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.