Inicio Galicia O Camiño de Santiago medra un 61% en Semana Santa cun...

O Camiño de Santiago medra un 61% en Semana Santa cun total de 14.000 peregrinos

O Camiño de Santiago medra un 61% en Semana Santa cun total de 14.000 peregrinosO Camiño de Santiago medrou un 61,34% durante esta Semana Santa con respecto á de 2018, que se celebrara a finais do mes de marzo.

Segundo os datos da Oficina do Peregrino, entre o Venres de Dores e o Domingo de Resurrección recolleron a Compostela un total de 13.969 camiñantes.

De todos eles, a maior parte chegaron a partir do Xoves Santo. En total, nesas catro xornadas, foron máis de 8.000 peregrinos, o que supuxo un 58,41% do total e rexistráronse picos de máis de 2.000 diarios en xornadas como o venres e o sábado.

Durante toda a Semana Santa, a maior parte dos peregrinos procederon do estranxeiro. De feito, o 51,6% dos que recolleron a Compostela entre o venres 12 e o domingo 21 chegaron de fóra de España, destacando especialmente os portugueses, alemáns, irlandeses e estadounidenses.

Esta porcentaxe variou nos días de maior afluencia. Así, a partir do Xoves Santo, foron maioritarios os peregrinos españois, que neses días representaron preto do 52% e procedían maioritariamente de Madrid, Andalucía, Cataluña ou Galicia.

Chegada repartida

Por itinerarios, máis da metade dos peregrinos (un 57,72%) realizaron o Camiño Francés. Segundo os datos da Oficina do Peregrino, a segunda ruta máis percorrida durante estes días foi o Camiño Portugués, que foi escollida por máis do 23% dos peregrinos.

Destaca tamén o Camiño Portugués da Costa que sobe unha posición con respecto á Semana Santa do ano pasado. En 2019 foi o terceiro itinerario máis percorrido e representou preto do 6% dos camiñantes que realizaron o Camiño de Santiago durante a Semana Santa. Seguíronlle o Camiño Inglés, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, a Vía da Prata e o Camiño de Inverno.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies