·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Barbeira Season Fest consolídase como o “gran festival de pequeno formato”

O Barbeira Season Fest consolídase como o “gran festival de pequeno formato”

O Barbeira Season Fest consolídase como o “gran festival de pequeno formato”É o único festival galego que, este ano, permite vivir a experiencia de desfrutar de 18 grupos en tan só 3 días

Onte presentouse oficialmente en Baiona o Barbeira Season Fest que se celebrará na península de Santa Marta da localidade os días 27, 28, 29 de agosto.

Na presentación participaron a Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a concelleira de Cultura de Baiona, Miriam Mar Costas, o Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, Hugo Pérez e o director do Barbeira Season Fest, Isaac González.

A Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias,  salientou a “mestura de valores de peregrinaxe, sustentabilidade, cultura gastronomía e música do Barbeira Season Fest”. Do mesmo xeito, a representante autonómica falou da conexión que do festival “coa tradicición mariñeira e costeira do Camiño”. “Un Xacobeo deseñado para todos e para toda Galicia, engadiu.

Dende o Concello, a concelleira de Cultura, Miriam Mar Costas, que se autoproclamou “madriña do festival”, convidou a toda a xente a participar do Festival e, ao mesmo tempo, a “desfrutar de Baiona e de toda a súa riqueza turística”. “Levamos apoiando este festival dende o seu inicio e converteuse xa nunha das citas ineludibles da programación cultural de Baiona”, sinalou a concelleira.

Pola súa banda, Hugo Pérez, Brand Manager de Mahou San Miguel en Galicia, o principal patrocinador privado do festival, comentou durante a súa intervención que “levamos patrocinando o Barbeira Season Fest dende a súa primeira edición e mantivemos o noso apoio ao festival incluso nos momentos máis duros da pandemia porque é a nosa forma de contribuír a garantir a súa supervivencia e consolidación e cumprir o noso propósito como marca, que é seguir achegando á xente a través da música ”, dixo Hugo Pérez, que tamén quixo reafirmar “o compromiso de Mahou co festival e o talento musical emerxente, ademais de reclamar o seguro de encontro social como imprescindible para vivir mellor”.

O director do festival, Isaac González, falou da edición deste ano como “a edición da consolidación”. “O festival xa ten vocación de pequeno formato, polo que é mais doado adaptalo á normativa sanitaria. A pesar das circunstancias esta é a edición máis grande en contido ata o de agora”. “O Barbeira Season Fest é o máis grande dos festivais pequenos”, sinalou González. “Medramos dous días e traemos a Baiona a 18 grupos. Somos o único festival galego que, este ano, propón unha experiencia así”, remata.

18 grupos daranse cita no Escenario Vibra Mahou do Barbeira Season Fest os días 27, 28 e 29 de agosto. O venres 27 o público poderá desfrutar do concerto de balde de Baiuca, no marco do programa Musigal da Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Baiona. O sábado 28 e o domingo 29 subiranse ao Escenario Vibra Mahou  Viva Suecia, Ladilla Rusa, Confeti de odio, Mujeres, Basanta, Tronco, Laborde, Los Marcianos, Aiko El Grupo, Carlota, Malamute, Chef Creador, Marcelo Criminal, Valdivia e La Claridad.  Estes dous días, celebranse tamén os Concertos Vibra Mahou de Moura e Kings of the Beach. Estas dúas últimas actuacións están vinculadas á colaboración establecida entre a cerveceira, a Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial (EOI) co obxectivo de impulsar o emprendemento entre o talento musical emerxente.

 Entradas e abonos

Os abonos para vivir a “experiencia Season” completa (tamén as reservas para o concerto de balde de Baiuca) son limitados e xa están á venda na web do festival e A Taquilla. A organización, polo de agora, só contempla o abono completo xa que por aforo limitado non poñerán entradas para días soltos.

O Barbeira Season Fest, organizado pola promotora de eventos Elemental Street, conta co apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, o Concello de Baiona e a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, Vibra Mahou, na súa aposta por achegar ás persoas a través da música e reivindicar os encontros sociais seguros como algo esencial para vivir mellor.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies