spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO “banco para o mundo” de Gondomar xa ten ubicación: Inmediacións do...

O “banco para o mundo” de Gondomar xa ten ubicación: Inmediacións do Castro da Pedra Moura

o-banco-para-o-mundo-de-gondomar-xa-ten-ubicacion-inmediacions-do-castro-da-pedra-mouraO “banco para o mundo” de Gondomar xa ten ubicación. As votacións non deixarón lugar a dúbida e o lugar escollido, está na Parroquia de Borreiros” nas inmediacións do Castro da  Pedra  Moura

Non se trataba dun concurso de fotografía, senón de procurar o emprazamento máis acaído para situar “Un lugar para un banco”. O obxectivo é procurar imaxes de lugares de Gondomar, onde as Vistas Panorámicas do Concello , Do Val Miñor ou da Costa invitasen a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos.

As votacións non deixarón lugar a dúbida e o lugar escollido, está na Parroquia de Borreiros” nas inmediacións do Castro da  Pedra  Moura. Dos 539 votos validados, o 64% decantouse por esta localización sumados os votos das tres fotografías selecciónas deste lugar. Por tanto , o emplazamento elexido para a colocación do “Banco para o Mundo” .será nos arredores Castro de Pedra Moura, na parroquia de Borreiros.

A foto gañadora por votación en liña, foi a  de José Iglesias Estévez, titulada  “Vista do rio Miñor, Baiona, Lourido, Monteferro, illas Estelas, illas Cíes e Cabo Home | Castro de Pedra Moura (Borreiros) , acadando un total de 154 votos e por tanto gañador do diploma acreditativo,  así como unha cea para duas persoa, cortesía da Tapería Rural Ardora en Gondomar.

O gañador do sorteo dun móbil libre Primux Delta 6 cortesía de Expert Gondomar foi Javier Lorenzo.Consultar certificado do concurso. O concello porase en contacto cós gañadores para a entrega dos correspondentes premios.

Grazas ao participantes no concurso “ Un Banco para o Mundo”, dispomos unha fermosa colección de vistas panorámicas desde os máis diversos puntos xeográficos do concello, polo que lles estamos moi agradecidos.

Como curiosidades estatísticas, destacamos que o concurso tivo máis de 3500 entradas na wed, e que rexistramos votos chegados dende os lugares máis insospeitados: Australia, Mozambique, EEUU ou Xapón. Aínda que como é loxico, a maioría dos votos emitidos dende o estranxeiro, procedían de Latinoamérica, de onde chegaron 56 votos validos.

- Publicidade -spot_img