spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAlumnos do Colegio Estudio de Chandebrito participan con Ciudad Ciencia nun obradoiro...

Alumnos do Colegio Estudio de Chandebrito participan con Ciudad Ciencia nun obradoiro de agricultura sostible

alumnos-do-colegio-estudio-de-chandebrito-participan-con-ciudad-ciencia-nun-obradoiro-de-agricultura-sostibleO Colegio Estudio acolle este taller no marco do proxecto de divulgación Ciudad Ciencia, impulsado polo CSIC e “la Caixa” e do que forma parte o Concello de Nigrán dende 2017

 A investigadora Elisa Garza, do Instituto de Ciencias Agrarias do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) ofreceu esta mañá unha clase maxistral aos 30 alumnos do Colegio Estudio de Chandebrito que participan no taller online de “Agricultura Sostible” . Este forma parte da oferta educativa que proporciona Ciudad Ciencia, proxecto de divulgación científica ao que está adherido o municipio dende 2017, unha iniciativa desenvolvida polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Obra Social “la Caixa” cuxo fin é que os habitantes das localidades españolas coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica.

O Colegio Estudio solicitou participar nesta actividade que se oferta a tódolos centros educativos do municipio. Este taller propón, entre outras cousas, experimentos cos que a clase pode fabricar compost ou distinguir entre plantas e insectos prexudiciais ou beneficiosos para o cultivo. A actividade, tutorizada online a través de persoal do Instituto de Ciencias Agrarias (ICA), inclúe o envío ao centro dun kit completo co material de laboratorio preciso para realizar os experimentos e, como foi hoxe o caso, conta coa visita dos propios investigadores do ICA.

“O feito de que o Concello de Nigrán se adherira hai un ano a Ciudad Ciencia permite que, entre outras cousas, tódolos colexios do municipio se poidan beneficiar deste tipo de actividades, polo que animamos aos centros a que aproveiten a oportunidade e no vindeiro curso participen máis”, sinala o alcalde, Juan González.

Más información sobre las actividades de Ciudad Ciencia en www.ciudadciencia.es.

- Publicidade -spot_img