O Club Baloncesto Nigrán organizou xunto á Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Nigrán a V edición do Torneo Basket Sen BarreirasCelebrouse os días 15 e 16 no pavillón municipal de Panxón cun carácter solidario e un dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar alimentos para o banco de alimentos de Nigrán.
O torneo contou ademais a colaboración do Club Baloncesto AMFIV e o Centro Juan María.
Nesta V edición do Torneo Basket Sen Barreiras, o Club Baloncesto Nigrán quixo unha vez máis inculcar aos seus participantes a idea de que ningunha barreira física ou mental pode impedir a práctica dun deporte á vez que mostraban o seu lado máis solidario achegando alimentos para as familias de Nigrán que o poidan necesitar.
Á clausura asistiron o alcalde de Nigrán, Juán González, o concelleiro de Vías e Obras Rubén González e Luís Sanromán, concelleiro de Deportes, que fixeron entrega dos trofeos e medallas a todos os participantes.
A directiva do CB Nigrán manifestaba a súa gran satisfacción cun novo éxito deste Torneo. Dúas xornadas de verdadeira inclusión, compañeirismo , deporte e solidariedade.



