O Club Baloncesto Nigrán organizou xunto á Federación Galega de Baloncesto e coa colaboración da Obra Social “ laCaixa” a IV edición do Torneo Basket Sen Barreiras que se celebrou os días 26 e 27 de marzo no pavillón do CPI de Panxón cun carácter solidario e un dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para que o Centro Juan María poida desenvolver varias das súas actividades programadas cos seus usuarios.O torneo contou coa colaboración do Club Baloncesto AMFIV e a participación de 30 equipos de baloncesto de toda Galicia, entre os que se atopa o Obradoiro, CAB Pontevedra, Seis do Nadal ou Mariano Nesta IV edición do Torneo Basket Sen Barreiras, o Club Baloncesto Nigrán quixo unha vez máis inculcar aos seus participantes a idea de que ningunha barreira física ou mental pode impedir a práctica dun deporte á vez que mostraban o seu lado máis solidario pois cada xogador/a participante realizou un donativo para o Centro Juan María.
A clausúraa asistiron o alcalde de Nigrán, Juán González, Luís Sanroman, concelleiro de Deportes de Nigrán e Berni Costas, campión de Europa co Amfiv , para facer entrega dos trofeos e medallas a todos os participantes.
Todo o recadado coa venda das rifas coas que se realizaron diferentes sorteos de material deportivo entre os asistentes como o recadado na urna solidaria foi entregado unha vez finalizado o torneo aos responsables do Centro Juan María. A directiva do CB Nigrán manifestaba a súa gran satisfacción cun novo éxito deste Torneo. Dúas xornadas de verdadeira inclusión, compañeirismo e deporte.



