spot_img
InicioO SalnésA Banda de Música Municipal de Ribadumia celebra o seu XX aniversario

A Banda de Música Municipal de Ribadumia celebra o seu XX aniversario

a-banda-de-musica-municipal-de-ribadumia-celebra-o-seu-xx-aniversario

Nun auditorio cheo ata os topes, a Banda de Música Municipal de Ribadumia celebraba o pasado domingo, 25 de marzo, o seu vixésimo aniversario.

Foron moitos os veciños e veciñas que quixeron apoiar á agrupación nesta data tan sinalada, para a que o conxunto elixiu os mellores temas do repertorio que levan acumulado dende o seu nacemento, no 1998. Con arte y delicadeza, de Alfonso Salvatierra Mesa; A Santiago voy, composta por Ricardo Ceratto; a obertura de Orfeo nos Infernos, de Offenbach; El Torico de la Cuerda, pasodobre de Luís Serrano Alarcón; a fantasía Coppélia de Léo Delibes; Calamber, de Xosé Luís Represas e Una tarde en Zaragoza, xota de Higinio Cambeses, resoaron no Auditorio de Ribadumia para homenaxear os vinte anos de historia dunha banda pola que pasaron numerosos intérpretes e directores e que conseguiu, sen dúbida, un posto como referente da música na comarca.

Os directores José Carlos Gómez Palacios, José Manuel López “Josele” e José Vega Real, xunto ao actual director titular da banda, Alberto Rocha Soto, e aos músicos que a compoñen, ofreceron un recital cheo de lembranzas e recoñecementos a todos os que participaron, dun xeito ou doutro, na historia do conxunto ribadumiense.

A Banda de Música agradece tamén a colaboración do Concello de Ribadumia e da Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img