Só un 3% da superficie dos océanos está protexida, deixándoos expostos á contaminación por refugallos plásticos, a sobrepesca e outras actividades perigosas como a minería en fondos mariños
O 66% dos mares mostra unha alteración severa debido ao impacto humano. Por iso, este luns 8 de xuño, Día Internacional dos Océanos, é necesario insistir na necesidade de protexer estes ecosistemas, que supoñen o 70% da superficie do planeta e que son a base da vida nel.
Sen uns océanos sans, enfrontámonos a efectos catastróficos na biodiversidade, a alimentación e o clima da Terra. A atmosfera contería un 50% máis de C02 e a temperatura do planeta sería tan alta que se volvería inhabitable. Mares e océanos son a fonte de alimento de 3.100 millóns de persoas, o que fai esencial protexelos e xestionalos adecuadamente.
A contaminación que sofren os océanos é unha das ameazas máis urxentes. E o plástico ten boa parte de responsabilidade. Se hai unha década estimábase que entre 4 e 12 millóns de toneladas de refugallos plásticos chegaban aos océanos a nivel mundial, esa cifra non fixo máis que aumentar. O Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente ( PNUMA) estima que os plásticos oceánicos son responsables da morte de centos de miles de criaturas mariñas cada ano. Estudos recentes atoparon microplásticos en feces humanas, o que ilustra cuán xeneralizados son os plásticos na nosa contorna e a necesidade de estudos adicionais sobre as implicacións dos microplásticos para os humanos.
Lamentablemente, a crise do Covid-19 está a deixar ao seu paso un aumento nos plásticos desechables (máscaras, monodosis, luvas… etc) o que supón un novo paso atrás . “Aínda non hai cifras exactas do aumento da contaminación por plásticos nesta pandemia, aínda que é un elemento que salta á vista. Xa podemos ver numerosos desechables tirados polas rúas e non podemos esquecer que, a través dos sumidoiros, poden descompoñerse e chegar ao mar”, declarou Celia Ojeda, portavoz de Greenpeace.
Precisamente, para lembrar que os residuos das cidades poden terminar no mar, grupos de voluntarios/as de Greenpeace sairán, a partir desta semana, ás rúas de diversas cidades para lembrar aos usuarios de desechables, que “o océano empeza nos nosos sumidoiros”.
A SOBREPESCA
Non podemos obviar neste Día dos Océanos outro dos problemas que padecen: a sobrepesca. A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura ( FAO) estima que unha de cada tres poboacións de peixes, sobre as que hai información dispoñible, está sobreexplotada. Nun planeta en quecemento onde o cambio climático, a acidificación dos océanos, a contaminación plástica e a destrución do hábitat xa están diezmando a vida oceánica, a restauración das poboacións de peces e a garantía dunha pesca ben xestionada é de suma importancia, non só para salvagardar a vida mariña senón tamén para garantir a seguridade alimentaria de 3.100 millóns de persoas, moitas en países en desenvolvemento, para quen o peixe representa o 20% ou máis da proteína animal á que teñen acceso.




