spot_img
InicioVal MiñorNigránO Auditorio de Nigrán acolle a charla-obradoiro "Exploración mariña a bordo do...

O Auditorio de Nigrán acolle a charla-obradoiro “Exploración mariña a bordo do Sarmiento de Gamboa: Unha ollada ao plancto”

O Auditorio de Nigrán acolle a charla-obradoiro Exploración mariña a bordo do Sarmiento de Gamboa Unha ollada ao planctoO Auditorio de Nigrán acolle este luns ás 19,00h. a charla-obradoiro “Exploración mariña a bordo do Sarmiento de Gamboa: Unha ollada ao plancto”

Enmarcada no proxecto ‘Ciencia en el Puerto’, estará guiada pola investigadora Lara García e ofrecerá aos asistentes a posibilidade de observar a través de lupas binoculares diferentes microorganismos mariños

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación como municipio da rede ‘Ciudad Ciencia’, ofrece este luns ás 19:00 horas no Auditorio Municipal a charla-obradoiro ‘Exploración mariña a bordo do Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa: unha ollada ao plancto’, actividade pertencente ao proxecto ‘Ciencia en el Puerto’. Cunha duración aproximada de 75 minutos, está dirixida a público en xeral, preferiblemente a partir de 10 anos.

A actividade comezará cunha breve introdución a cargo de Luisa Martínez, responsable de Cultura Científica do CSIC en Galicia, que ofrecerá unha visión xeral da investigación mariña, da vida abordo e das peculiaridades de traballar nun barco. Posteriormente, a investigadora do Grupo de Ecoloxía e Bioloxía Mariña do Instituto de Investigaciones Marinas pertencente ao CSIC, Lara García, adentrarase nas campañas do Sarmiento de Gamboa que estudan os ovos e as larvas dos peixes.

Na segunda parte levarase adiante un obradoiro científico no que os asistentes poderán observar e coñecer a través de lupas binoculares, a algúns dos organismos que habitan os océanos e as rías, moitos dos cales inspiraron películas de ciencia ficción e animación.

O Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa posúe o persoal científico e técnico e o equipamento e instrumental necesarios para abordar a exploración de todos os mares e océanos, chegando mesmo ata a Antártida. Esta instalación científica singular, contribúe á investigación mariña pioneira e multidisciplinar, empregando a tecnoloxía máis avanzada.

‘Ciencia en el Puerto’ conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT) Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.