Inicio Baixo Miño O Auditorio de Goián acolle a representación da galardoada obra teatral ‘Bernarda’

O Auditorio de Goián acolle a representación da galardoada obra teatral ‘Bernarda’

O Auditorio de Goián acolle a representación da galardoada obra teatral ‘Bernarda’A obra estará no Auditorio de Goián o vindeiro 28 de novembro ás 20:30 horas

O vindeiro sábado 28 de novembro ás 20:30 horas representarase no Auditorio de Goián a obra teatral ‘Bernarda’, unha exquisita peza que vén de recibir catro galardóns nos XXIV Premios de Teatro María Casares outorgados recentemente. A obra está encadrada dentro da programación para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

“Bernarda” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todas coñecemos a alguén como Bernarda e todos temos un pouco de Bernarda. O choque entre nais/pais e fillos/fillas é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos, vemos a realidade diferente. Cando somos fillos/as queremos romper coas normas que nos impoñen e cando nos convertemos en pais/nais vémonos na obriga de impoñer normas.

Este choque xeracional sucede na vida mesma e tamén en  “Bernarda”, por momentos fainos chorar, porque as situacións son tensas e duras, e outras veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa coma unha necesidade de desafogo e de liberación.

Bernarda é unha muller dura e loitadora que non entende nen de música, nen de minifaldas, nen de guateques, nen de ningunha das novas modas da mocidade da época e a súa intención é clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai a mudar nada e as cousas van facerse como teñen que facerse.” O público presente coñecerá se chega a conseguilo ou non.

A función terá unha duración aproximada de 70 minutos, está dirixida a un público maior de 14 anos e o prezo da entrada será de 5 euros. As entradas poden ser reservadas a través do correo cultura@tomino.gal ou chamando ao número 986 62 20 01.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies