spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Auditorio da Xunqueira acolleu os actos do Día Internacional das Persoas...

O Auditorio da Xunqueira acolleu os actos do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional en Redondela

O Auditorio da Xunqueira acolleu os actos do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional en RedondelaOs actos foron retransmitidos en directo polo facebook tanto do Concello de Recondela coma da Asociación Andaina

O Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acolleu onte os actos do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional organizados pola Asociación Andaina e o Concello de Redondela. As 11:30 horas tiña lugar a apertura da exposición fotográfica ‘Baixo o mesmo paraugas’, aberto tamén a colaboración das veciñas e veciños que podían enviar as súas fotos con paraugas ao enderezo electrónico de Andaina e tamén a visibilizalas nas redes sociais a través desas fotos de ‘Baixo o mesmo paraugas’.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, pronunciou unhas palabras nas que insistiu sobre a necesidade de “visibilizar a diversidade funcional e proporcionarlle as persoas todas as ferramentas que lles permitan desenvolverse en todos os ámbitos e tomar o control da súa propia vida”.

Posteriormente tiña lugar o acto de lectura do manifesto, acto que, presentado por Nelson Quinteiro, foi retransmitido en directo a través das redes sociais do Concello de Redondela e da Asociación Andaina. Deseguido procedíase a entrega dos premios ‘Andaina 2020 á Diversidade’ para rematar o acto coa proxección da curtametraxe ‘Un día cualquiera, joder’.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.