·Publicidade ·spot_img
InicioGaliciaA CoruñaA Real Academia Galega celebrará en 2021 o Congreso Internacional “Emilia Pardo...

A Real Academia Galega celebrará en 2021 o Congreso Internacional “Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois”

A Real Academia Galega celebrará en 2021 o Congreso Internacional “Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois”A Real Academia Galega celebrará en outono de 2021 un encontro internacional dedicado a Emilia Pardo Bazán (1851-1921), dentro da programación que a institución, herdeira da casa da escritora e custodia do seu arquivo e biblioteca, prevé desenvolver o ano que vén co gallo da conmemoración do centenario do seu pasamento.

A institución participa na organización do Congreso Internacional “Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois”, que xuntará a especialistas e estudosos na obra da autora de prestixio internacional e vinculados a institucións de distintos países. As xornadas terán lugar na rúa Tabernas, 11 da Coruña, sede da RAG e da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.

O académico correspondente e catedrático emérito da USC José Manuel González Herrán dirixe o comité organizador do congreso, do que forman tamén parte a académica correspondente e profesora da Universidade da Coruña Olivia Rodríguez González, o profesor do Brooklyn College Alejandro Alonso Nogueira e o profesor da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) Santiago Díaz Lage.

O encontro contará entre as persoas relatoras con Isabel Burdiel (Universitat de València), Ana Freire (UNED), Jo Labanyi (New York University), a académica de honra Marina Mayoral (Universidad Complutense), Ermitas Penas Varela (USC), Marisa Sotelo (Universitat de  Barcelona) e Dolores Thion (Université de Pau).

O programa dará continuación aos simposios e congresos dedicados a Emilia Pardo Bazán e promovidos pola RAG que tiveron lugar na Coruña entre os anos 2004 e 2008. As sesións estarán abertas ao público previa inscrición e tamén poderán seguirse de maneira telemática. Os traballos presentados no congreso recolleranse posteriormente en La Tribuna. Cadernos de Estudos da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, que edita a Real Academia Galega.

Alén de xuntar a especialistas na vida e na obra de Emilia Pardo Bazán de prestixio internacional, o encontro contará cunha convocatoria aberta a investigadores en formación.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies