spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO alumnado que participou no programa "Depoatende" recibe os diplomas acreditativos da...

O alumnado que participou no programa “Depoatende” recibe os diplomas acreditativos da súa participación

O alumnado rematou onte as súas prácticas de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en seis centros sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra

O obradoiro “Depoatende” que promoveu a Deputación de Pontevedra dende o pasado 1 de outubro no Centro Príncipe Felipe chegou á súa fin. Hoxe, as alumnas e o alumno que se formaron en “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” recibiron  no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra e de mans da deputada provincial de Emprego, Montse Magallanes, os diplomas que acreditan os estudos realizados.

As usuarias e usuarios de Amencer-ASPACE relataron en primeira persoa o seu día a día na Asociación

O alumnado recibiu unha formación teórica que se estendeu dende o 1 de outubro ata o 6 de febreiro. A partir desta data e ata o 29 de marzo tivo lugar a fase de prácticas en cinco entidades sen ánimo de lucro da provincia, que lle permitiu ao alumnado poñer en marcha os coñecementos aprendidos en ámbitos como a atención hixiénico-sanitaria ou o apoio psicosocial e comunicativo en institucións.  En concreto, o alumnado realizou as súas prácticas na Confederación Galega de Persoas con Diversidade Funcional (COGAMI), na Asociación Xoan XXII de Pontevedra, na Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO), na Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), na Asociación de Nais e Pais de persoas con diversidade funcional “Virxe da O” Centro Méndez Núñez e en Amencer-ASPACE. Precisamente as usuarias e usuarios de Amencer-ASPACE participaron tamén na xornada cun relato onde expuxeron en primeira persoa o seu día a día na Asociación, ao que asistiu a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas.

O diploma do obradoiro “Depoatende” acredita que o alumnado é competente para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.