spot_img
InicioVal MiñorGondomarÁlvaro Pino será o padriño da II Gala do deporte de Gondomar

Álvaro Pino será o padriño da II Gala do deporte de Gondomar

gondomar-celebrara-o-dia-1-de-abril-a-sua-ii-gala-do-deporte

Gondomar celebrará o día 1 de abril no Auditorio Lois Tobio ás 20h a súa II Gala do Deporte, evento promovido polo Alcalde Paco Ferreira e pola Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro e o apoio da Deputación de Pontevedra. 

Álvaro Pino xunto a Marcos Serrano nunha foto de arquivo (Copiar)

O padriño deste ano será Álvaro Piñeiro, o ex ciclista gañador da Volta a España do 86, e vencedor en varios títulos nacionais como Subida ao Naranco, Setmana Catalá, Volta a Cataluña ou a Escalada a Montjuic; estará acompañado polo Alcalde Paco Ferreira, a Concelleira de Deportes e Roberto Carlos Carballo, redactor do programa ‘Galicia en Goles’, que será o encargado de conducir a gala.

comillasNa fotografía o de Ponteareas xunto con otro gran ciclista, Marcos Serrano, que actualmente está dirixir con gran éxito o equipo ciclista Rías Baixas

A gala será retransmitida en directo a través de internet, en streaming, seguindo este link  http://gala.concellodegondomar.gal grazas ao patrocinio de Ollomol Audiovisual, K12 Comunicación e Tapería Adechape. O link estará tamén dispoñible a través do Facebook do Concello, o do Alcalde Paco Ferreira e da páxina web de Concello de Gondomar; os locais Tapería Adechape e A Galiña do Ardora poñerán a disposición do evento as pantallas dos seus locais para todos os seus clientes. No hall do Auditorio habilitaranse dúas pantallas para seguir a gala.

O xurado reunido o pasado 21 de marzo ás 19:30 composto por Nuria Lameiro como presidenta, secretario Luís Carballo Moure, Xose Anton Fernández Gonzalez, Nuria Gómez Dominguez, Xose Manuel Chamorro, Loles Vila Alonso e Ramón Magariños Duro foron os encargados de elixir aos premiados en cada un dos deportes.

Os premiados nesta segunda Gala do Deporte están divididos por categorías; 

Baloncesto: Victor Villadoniga Santos y Bernabé Costas de Miranda

Atletismo: Nerea Perelló Gonzalez, Yeray Gómez Villar,  Zekarias Fernández-Arroyo y Elena Costas Martín.

Ximnasia acrobática: Blanca Alonso Fernández.

Automovilismo: Hugo González Lameiro, Alberto Meira,  Esteban Pérez Iglesias y Ezequiel Salgueiro Simoes

Rugby: Anxo Crusat Mirás

Axedrez: Artai Bringas Gomez y Ana Fernández Carneiro.

Duatlón-Triatlón: Brais Misa García

Tiro con arco: Rubén Rodriguez Alleres y Sergio Alonso Peitieiros.

Patinxje: Joel Ribeiro Diaz, Xose Alonso Cruz e Iria Boullosa Zarrauiños

Canicross- bikejoring: Noelia Piñeiro Pérez

Bolos: Jose Manuel Torres Nicolao, Alberto González Bouzada y Jose Rodríguez Domínguez.

Tenis :Alejandra Vázquez Pérez y Claudia San Juan Ares

Tenis de mesa: Simón Casal González, Luisa Pintos Barreiro, Celia da Conceiçao Vaz Jesús y Martín Pintos Barreiro.

Futbol: Alejandro Gómez Pérez, Pablo Llamazares Hermida, Ana Román González e Ildara Perez Cameselle;

Ciclismo-BTT: Ismael Salgueiro Troncoso.

Ademais durante a Gala coñeceranse os premiados das nove categorias os nomeados son: 

– Mellor evento deportivo : I Enduro Serra Galiñeiro, XVI Carreira Popular Memorial Barros, e a V Carreira Master Concello de Gondomar.
– Mellor club deportivo: Club de Tenis de Gondomar, a Sociedade Atletica de Val Miñor e o Club de Patinaxe de Gondomar.
– Mellor patrocinador de eventos Auga Sa, Rosquillas Cristaleiro e Rodosa.
– Traxectoria deportiva: Marta Fernández Otero, Vanessa Veiga Comesaña e Enrique Eduardo Fernández Rodríguez.
– Mellor deportista revelación masculino: Simon Casal Gonzalez, Victor Villadoniga Santos e Xosé Alonso Cruz;
– Mellor deportista revelación feminino: Nerea Perelló Gonzalez, Branca Alonso Fernández e Luisa Pintos Barreiro.
– Mellor deportista masculino: Jose Manuel Torres Nicolao, Brais Misa García e Bernabé Costas de Miranda,
– Mellor deportista feminina Ildara Perez Cameselle, Noelia Piñeiro Perez e Paula Vilar Palma.

A mención especial será para Protección Civil, Concentración Moteira ‘A Cento Cen’, e a dous deportistas: José Manuel González Pérez e Laura Miguez Vila; ademais farase entregará a título póstumo á familia de Manuel Hermida Losada ‘Hermidita..

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.