spot_img
InicioO SalnésO alumnado da Escola de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia disfruta...

O alumnado da Escola de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia disfruta das conservas dentro do programa “Ponlle as pilas o teu bocata”

“Ponlle as pilas o teu bocata”

Os ao redor de 60 nenos que participan estes días na Escola de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia tomaron parte esta mañá na actividade “Ponlle as pilas ao teu bocata”.

Os cativos puideron saborear unha merenda a base de bocadillos elaborados a partir de produtos do mar en conserva. Así mesmo, realizaron talleres relacionados coa cociña, o mar e os produtos que del extráense, así como a súa conservación e comercialización. A actividade, está promovida pola Xunta de Galicia, a Consellería de Pesca e o Fondo Europeo para a Pesca.

A esta actividades súmase o próximo luns un taller de sensibilización ambiental “Verán Verde Medioambiental” que levará a cabo a Cruz Roja para promover e fomentar actitudes de respeto o medioambiente e temas relacionados cas 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Xa o Venres 29 despedirán o verán cun obradoiro de consumo responsable organizado polo Instituto Galego de Consumo co obxectivo de dar a coñecer os mais pequenos alternativas de lecer que non representen un produto e sexan de balde.

Deste xeito concluirá este servizo municipal, que durante o meses de verán garante a compatibilidade dos horarios laborais e das vacacións de case 60 familias da localidade.

Para o novo curso escolar xa hai inscritos dezaseis nenos. Desenvólvese en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, en Barrantes. Desde o concello, a alcaldesa Salomé Peña resalta que “é un programa que se está consolidando. A súa calidade e funcionalidade atraen cada ano a participación de máis nenos. As nais e os pais están tranquilos porque saben que os seus fillos están atendidos por profesionais e, ao mesmo tempo, os nenos disfrutan do seu tempo de lecer en compañía doutros rapaces e con actividades lúdicas”.

- Publicidade -spot_img