spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO albergue municipal da Guarda reabre as súas portas

O albergue municipal da Guarda reabre as súas portas

O Albergue municipal da Guarda amplía a súa atención aos peregrinosAo longo do ano 2022 empregaron estas instalacións municipais un total de 2.744 peregrinos

Cousas de revista nº16

O Concello da Guarda reabre o Albergue Municipal de Peregrinos despois do peche temporal no mes de decembro, coincidindo coas datas de maior redución do número de peregrinos.

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén poden influír as celebracións de nadal.

Unha vez rematadas estas datas o Concello da Guarda realiza a reapertura deste servizo para continuar ofertando prazas de aloxamento no Albergue Municipal a todos os peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa.

Aproveitando o peche do albergue realizáronse tarefas de mantemento das instalacións.

O albergue Municipal de A Guarda mantén o mesmo horario, de 14:00h a 20:30h horas de luns a domingo, mantendo o mesmo criterio que a Rede de Albergues da Xunta de Galicia, non se admite reserva previa e a admisión realizase por orden de chegada. Só se permite a estancia dunha noite, excepto se hai motivos de saúde que impidan continuar o camiño.

O albergue Municipal da Guarda abriu as súas portas na Semana Santa do ano 2011, xusto un ano despois de que se dese o primeiro paso co recoñecemento do Camiño Portugués da Costa por parte da Xunta de Galicia. Grazas a este recoñecemento o Concello da Guarda poido percibir unha subvención da Xunta de Galicia para habilitar o antigo colexio MR Sinde como albergue e destinalo para a acollida de peregrinos.

Nestes anos foron máis de 18.000 peregrinos os que se aloxaron nestas instalacións municipais e ao longo do ano 2022 o fixeron un total de 2.744 peregrinos.

- Publicidade -spot_img