Inicio O Morrazo Moaña Nos últimos seis anos a Xunta destinou preto de 170.000 euros ao...

Nos últimos seis anos a Xunta destinou preto de 170.000 euros ao funcionamento do Centro de Información á Muller de Moaña

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou o Centro que o ano pasado recibiu máis de 1.000 consultas e atendeu a máis de 300 persoas

López Abella manifestou o apoio do Goberno galego a estes centros, que cada ano reciben unha parte importante da orde de axudas de Igualdade a entidades locais

A secretaría xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá o Centro de Información á Muller de Moaña, acompañada do alcalde da localidade, José Fervenza.

López Abella manifestou o apoio do Goberno galego a estes centros, que ano tras ano reciben unha parte moi importante da orde de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade.

En 2014 as axudas achegaron 3,4 millóns de euros a programas de promoción da igualdade, prevención e tratamento integral da violencia de xénero, fomento da conciliación e apoio aos CIMs, dos que se beneficiaron máis de 200 concellos galegos.

Un destes concellos é Moaña, que os últimos seis anos recibiu 167.000 euros para o funcionamento do CIM, sendo 2014 o que contou cunha achega maior, de máis de 44.000 euros. O Centro conta con dúas traballadoras, unha asesora xurídica e outra psicolóxica, e atendeu a 305 persoas e 1.014 consultas durante o ano pasado.

Ademais, o Concello está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, unha rede encargada de promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.

Dentro das actividades ofertadas pola Rede, o CIM de Moaña levou a cabo un obradoiro de terapia ocupacional con menores expostos a situacións de violencia de xénero a través das artes plásticas e participou na exposición “Cartas de Amor”, que aglutina ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies