spot_img
InicioVal MiñorBaionaXornada formativa sobre "A Cervexa" no Obradoiro de Emprego Terras do Miñor...

Xornada formativa sobre “A Cervexa” no Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III

 

Xornada-formativa-"A Cervexa" -Obradoiro-de-Emprego-Terras do Miñor III

O Obradoiro de Emprego “TERRAS DO MIÑOR III”, promovido por La Mancomunidad de Concellos do Val Miñor e cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, acolleu onte a celebración da xornada formativa “A Cervexa”, coa colaboración do departamento de formación de Estrela Galicia.

O obxectivo foi dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais; os procesos de fabricación, características e as distintas variedades da cervexa, ademais do lugar que ocupa no mundo da gastronomía e as súas calidades como produto san e natural dentro da dieta mediterránea. A cervexa é unha acompañante ideal para multitude de pratos da gastronomía galega, así como doutras cociñas como as latinoamericanas ou as orientais.

Os alumnos da especialidade de Servizos de Restauración, tiveron a ocasión de participar nunha cata guiada de tres variedades de cervexas, o que contribúe en boa medida a ampliar a súa formación no módulo formativo de bebidas. A continuación os alumnos recibiron, de mans de expertos da marca, formación teórico-práctica en tirada de canas, na cal puideron poñer a proba a súa destreza e os coñecementos adquiridos, nesta nada doada técnica de tirada de canas de cervexa.

Xornada-formativa-"A Cervexa" -Obradoiro-de-Emprego-Terras do Miñor III

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.