spot_img
InicioVal MiñorGondomarO IEM organiza o ciclo informativo “Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val...

O IEM organiza o ciclo informativo “Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor”

IEM-organiza-ciclo-informativo-Invasoras-silenciosas-Novas-pragas-Val Miñor FOTO: Miguel Ángel Fernández

Unha serie de especies invasoras (animais, plantas e outros organismos), xeralmente transportados e introducidos polo ser humano fóra das súas áreas naturais están establecidas e dispersas na nosa bisbarra con efectos negativos en diversos ecosistemas.

A partir deste xoves 26 de febreiro ás 20:30 horas, dará comezo un ciclo informativo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a cargo de especialistas na investigación e control de catro ameazas instaladas no Val Miñor: O carrizo da Pampa, o picudo vermello das palmeiras, a avespa asiática (velutina) e unha serie de enfermidades infecciosas que afectan á poboación anfibia.

O ciclo se desenvolverá seguindo o seguinte programa:

Xoves 26 de febreiro. 20.30 horas.
Presenta Xosé Ramón García (Botánico e membro da Xunta de Goberno do IEM).

– 1º coloquio: “O carrizo da Pampa. Invasión a toda máquina”.
Relator: Miguel A. Fernández Martínez. Biólogo. Traballa no estudo e control de invasoras en Galicia, entre outras coas especies vexetais exóticas dos ríos de Pontevedra e cos cangrexos de río exóticos, describindo por primeira vez a presenza de Pacifastacus leniusculus no noso territorio. É autor das Guías das libélulas de Galicia e da Natureza dos ríos e ribeiras de Galicia.

-2º coloquio: “Enfermidades infecciosas emerxentes. A ameaza definitiva para os herpetos galgos?”
Relator: César Ayres. Membro da Asociación Herpetológica Española e coordinador do programa SARE en Galicia. Integrante do equipo británico-español que está a estudar os patóxenos “ranavirus” que afectan á península ibérica. Este científico foi quen achegou as primeiras mostras de Galicia ao Museo Nacional de Ciencias Naturales (MNCN-CSIC) en 2010 e dende entón, encárgase de seguir periodicamente a evolución do patóxeno no encoro pontevedrés de Pontillón de Castro.

- Publicidade -spot_img