spot_img
InicioVal MiñorNigránO goberno municipal de Nigrán proxecta habilitar as antigas escolas de Cotros...

O goberno municipal de Nigrán proxecta habilitar as antigas escolas de Cotros como biblioteca pública

Nigrán-proxecta-habilitar-antigas-escolas-Cotros-biblioteca-municipalO goberno municipal proxecta habilitar as antigas escolas de Cotros, situadas na Rúa Sarmiento, en Mallón, como biblioteca, unha iniciativa coa que o equipo de Valverde busca dar resposta a unha demanda dos usuarios deste servizo municipal e que permitirá aumentar o número de prazas dispoñibles para os veciños de Nigrán.

“A reconversión desta infraestrutura en biblioteca permitirá ofrecer aos veciños de Nigrán un servizo en condicións, cunha biblioteca cómoda, ampla e accesible, ben comunicada a través do servizo de transporte público, e que incrementará o espazo de lectura e estudo a disposición dos nosos vecinos”, sinala o alcalde, Alberto Valverde.

Con esta iniciativa o goberno municipal dará resposta á demanda dos usuarios, aumentando o número de prazas deste servizo dispoñibles para os veciños de Nigrán

Para sacar adiante este proxecto, o goberno municipal incorporará por vía de urxencia o cambio de uso deste espazo, actualmente tipificado como educativo, a socio-cultural, o paso previo necesario para proceder á redacción do proxecto, cuxa execución o goberno local financiará a través do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015 da Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.