spot_img
InicioReportaxesAs tecnoloxías precipitan a despedida da educación tradicional

As tecnoloxías precipitan a despedida da educación tradicional

Progress", unha ferramenta de ensino e control de aprendizaxe virtual galardoada na recente edición do Salón da Tecnoloxía para o Ensino, SIMO Educación 2014, que acaba de celebrarse en Madrid.

A figura do profesor tradicional e as aulas convencionais perden fol a ritmos vertixinosos coa paulatina implantación de novas ferramentas que permiten mellorar a aprendizaxe e medir os progresos individualizados nas contornas dixitais, segundo diversos expertos.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

É o caso de “Progress”, unha ferramenta de ensino e control de aprendizaxe virtual galardoada na recente edición do Salón da Tecnoloxía para o Ensino, SIMO Educación 2014, que acaba de celebrarse en Madrid.

As aulas do século XXI adoecen aínda da flexibilidade suficiente para adaptarse ás novas tecnoloxías e achegar os contidos aos alumnos, advirte a experta Amaya García Curral, responsable de tecnoloxías da empresa de contidos educativos Pearson.
A nova realidade tecnolóxica está a incorporar ferramentas dixitais como “gamificación” para facer máis amenos os contidos, ecosistemas robóticos, sistemas para a xestión das tecnoloxías nos centros docentes, lentes de realidade virtual, pantallas controladas por xestos, servizos para a implantación das tecnoloxías da comunicación en entidades educativas, etc.

Así mesmo, todo tipo de dispositivos móbiles, incluídos reloxos “intelixentes” dirixidos á educación, novas solucións audiovisuais, lousas interactivas ou solucións virtuais para unha maior colaboración do alumno e o profesor.
“O mundo móvese de forma moi distinta respecto de hai só unha década”, e o sistema debe adaptarse ás necesidades do alumnado, engade García Curral.

Frases tan manidas como “libros de texto” quedaron obsoletas, porque non se axustan a realidade, e cinguen a estruturas das que se debe saír “canto antes”, engade a responsable de Pearson.

“Vivimos un momento convulso de cambio necesario no que non se poden resolver problemas novos con solucións vellas”, di.
A experta refírese a ferramentas como “Progress”, un exemplo de solución dixital adaptada ás peculiaridades do alumno, con probas que miden as destrezas en inglés do estudante así como as súas debilidades.
Segundo o asesor tecnolóxico da Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (Anele), Javier Pedregosa, os contidos dixitais xa están dispoñibles e as editoriais están a responder moi rápido ao que demanda o mercado á hora de utilizalos.

O desafío non son tanto os contidos dixitais, que “xa existen”, senón descifrar que facer con eles para mellorar a calidade educativa, segundo puntualiza, pola súa banda, o experto Juanmi Muñoz, asesor técnico do Centro de Recursos Pedagóxicos Sant Martí.

Mentres, a directora de SIMO Educación, María Valcarce, explicou hoxe a Efefuturo que é inevitable que a tecnoloxía se impoña tamén nas clases para ofrecer “mellores contidos”.
É dicir, contidos “máis dinámicos e adaptados ás circunstancias particulares de cada alumno, con contornas de colaboración entre eles mesmos e tamén cos profesores e mesmo as familias”.
A recente feira SIMO Educación foi “un éxito” á hora de mostrar solucións tecnolóxicas para a educación “moi interesantes”, e que son un “aliado” perfecto para o ensino tradicional, dixo.

Madrid, (EFE)

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.