Inicio Pontevedra O Morrazo Lete Lasa constata o avanzado estado das obras de finalización da piscina...

Lete Lasa constata o avanzado estado das obras de finalización da piscina municipal de Cangas, logo do convenio que permitiu reactivar o proxecto

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manifestou hoxe a súa satisfacción ao constatar o avanzado estado das obras de finalización da piscina municipal de Cangas, que estará dispoñible para todos os veciños no vindeiro mes de febreiro, reforzando de xeito importante a oferta deportiva da localidade e do seu entorno, e facilitando así a práctica de actividade física entre maiores e pequenos ao longo de todo o ano.

O titular de Deportes da Xunta visitou a localidade para coñecer de primeira man a evolución dos traballos de execución do proxecto de remate da nova infraestrutura deportiva, a cal percorreu acompañado polo alcalde, José Enrique Sotelo. A actuación, que comezou en xaneiro deste ano e que supón un investimento dun millón de euros, foi posible grazas ao convenio de colaboración asinado en decembro de 2013 entre a Secretaría Xeral para o Deporte, que destinou unha achega de 750.00 euros, e o Concello de Cangas, que aportou 250.000 euros. O acordo permitiu reactivar e completar a construción dunha instalación altamente esperada polos cangueses.

O novo centro deportivo ten unha superficie total construída de máis de 3.000 metros cadrados, distribuídos en tres andares. Conta cun vaso de ensinanza, un vaso principal, dúas pistas de squash, un ximnasio, vestiarios, dúas salas de masaxes, enfermaría, cafetería, gardería, spa e jacuzzi, ademais de zona administrativa, almacéns e locais técnicos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies