spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán repón a pasarela de acceso ao Castro de Chandebrito queimada no...

Nigrán repón a pasarela de acceso ao Castro de Chandebrito queimada no incendios

nigran-repon-a-pasarela-de-acceso-ao-castro-de-chandebrito-queimada-no-incendiosO Concello de Nigrán ven de repoñer o acceso ao monte do Castro de Chandebrito mediante a instalación dunha nova pasarela e escaleiras de madeira despois de que se queimaran totalmente nos incendios do 15 de outubro. Cun investimento de 18.500 € e unha lonxitude de preto de 200 metros, a nova infraestructura é idéntica á que había anteriormente e permite que o castro, os muíños e o miradoiro resulten accesibles.

Trátase dunha infraestrutura de madeira de preto de 200 metros (igual á existente anteriormente) e cun custe de 18.500 €

“Despois das políticas de emerxencia emprendidas dende o Concello nun primeiro momento, agora nos atopamos nunha segunda fase que consiste en devolver á parroquia ao estado no que se atopaba antes do 15 de outubro,  esta é unha acción máis nesta liña e virán outras máis que reflicten a nosa aposta por Chandebrito”, resume Juan González, alcalde de Nigrán.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.