Inicio Pontevedra Baixo Miño Seis artistas de diferentes partes do mundo participarán no terceiro Simposio Internacional...

Seis artistas de diferentes partes do mundo participarán no terceiro Simposio Internacional de Escultura do Miño

Fernando Nogueira con Sandra González, na Praza do Seixo presentación do simposio

A terceira edición do certame Internacional de Escultura que organizan conxuntamente o Concello de Tomiño e a Câmara Municipal de Vilanova de Cerveira  celebrarase entre os días 11 e 30 de xuño en Tomiño (Espazo Fortaleza. Goián) e terá como novidade este ano, que unha das esculturas será elaborada en bronce.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o Presidente da Câmara Municipal de Vilanova de Cerveira, Fernando Nogueira, presentaron o simposio, acompañados polas concelleiras de Cultura dos dous municipios fronteirizos.

No simposio 2018, participarán seis escultores de distintas partes do mundo: Zhao Li, de China, Zdravko Zdravkov, de Bulgaria, Georgi Minchev, tamén de Bulgaria, Ghueorgiu Filin, de Italia, Batu Isidore Shiharulidze de Estados Unidos e  Remigio Dávila nacido en Vigo. As súas propostas foron seleccionadas entre unha ducia de proxectos, indicadores da relevancia alcanzada polo simposio tamén no estranxeiro.

Presentaronse doce propostas, seleccionándose finalmente seis. Nunca se sabe quen é o autor, o que se fai é escoller polas fotografias que se acompañan.

Durante a presentación os alcaldes referíronse ao Simposio Internacional de Escultura do Miño, coma “un encontro consolidado que pon en valor e da visibilidade non só aos concellos organizadores, senón a toda a comarca”.

“Este simposio exemplifica a boa acollida das programacións e actividades conxuntas entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira; dúas poboacións ligadas histórica e xeograficamente, que hoxe comparten políticas para veciños e veciñas e consolidan amizades que veñen existindo dende tempos inmemoriais”, comentou a alcaldesa de Tomiño.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Cerveira, explicou que os artistas, coma vén sendo habitual, traballarán ao longo de dúas semanas nas que compartirán estadía e amosarán a súa mestría ao público, dando vida a seis novas obras de arte que pasarán a formar parte do patrimonio escultórico das vilas. “Este é un proxecto conxunto moi valioso para nós e   que permanecerá nos nosos municipios, con achegas artísticas que veñen a enriquecer o patrimonio local”, comentou Nogueira.

Outra das novidades e o cambio de datas, pois en anos anteriores viña facéndose en setembro

A título de novidade, as concelleiras de Cultura, comentaron que esta edición terá coma novidade a inclusión, por vez primeira, dunha escultura elaborada en bronce, que virá a sumarse ás xa tradicionais, realizadas en pedra.

Por último, os presentes agradeceron a labor de coordinación da escultora afincada en Tomiño, Lili Pobornikova, coma a dos escultores Nando Álvarez e Vítor Reis, no asesoramento para levar o certame a un nivel de calidade cada vez máis alto.

seis-escultores-de-diferentes-partes-do-mundo-participaran-no-terceiro-simposio-internacional-de-escultura-do-mino

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies