spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán renova a sinalización da súa rede de sendeiros

Nigrán renova a sinalización da súa rede de sendeiros

Nigrán renova a sinalización da súa rede de sendeirosO Concello de Nigrán ven de investir 8.000 € na renovación da sinalización de toda a súa rede de sendeiros forestais de cara a multiplicar este verán a oferta de roteiros guiados e descentralizar o turismo exclusivo de praia.

Paralelamente, todos serán postos a punto polos catro novos contratados a través do programa Risga para realiar tarefas de rozas.

A cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ está a desenvolver estes traballos nos 51,5 km dos 8 sendeiros e estará a cargo de guiar 22 rutas entre xullo e agosto con cadansúa actividade didáctica posterior

Así, a cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ (a mesma que se encargou da escavación do Castro de Chandebrito) está piques de rematar estes traballos para ofrecer a partir do día 2 de xullo un total de 22 roteiros guiados por 8 rutas entre xullo e agosto que rematarán con cadansúa actividade didáctica vinculada á historia desa contorna. O Concello anunciará as datas concretas a vindeira semana xunto con toda a programación de xullo e, en calquera caso, realizaranse baixo inscrición previa para poder cumprir en cada momento coas recomendacións sanitarias.

blue-monk-bliusvai-dous-moon-cresta-e-san-rockers-estaran-no-festival-solpor-monteferro-nigran

A rede de sendeiros municipal está integrada por un total de 8 roteiros que suman 51,5 km e percorren as 7 parroquias do municipio ofrecendo ao seu paso miradoiros, natureza, patrimonio… Son o sendeiro litoral que se inicia na Ramallosa e remata en Monteferro; o sendeiro circular das Medoñas (único con dificultade alta) que discorre por Priegue; o sendeiro do Camiño Portugués pola Costa desde A Ramallosa a Saiáns; o sendeiro circular de Camos desde a Capela de San Roque; o sendeiro circular do Castro por Chandebrito; o sendeiro circular dos Matos entre Camos e Chandebrito; o sendeiro circular dos Mouros por Parada e o sendeiro circular polo río Muíños na contorna de Praia América e Porto do Molle. Todos eles serán ofrecidos como rutas guiadas no mes de xullo e tamén agosto.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.