spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda elixida para acoller en 2021 a 90ª edición Encontro Internacional...

A Guarda elixida para acoller en 2021 a 90ª edición Encontro Internacional da FICC

A Guarda elixida para acoller en 2021 a 90ª edición Encontro Internacional da FICC A vila mariñeira da Guarda acollerá en xuño de 2021 a 90ª edición Encontro Internacional da Federación Internacional de Camping, caravaning e autocaravaning (FICC), sendo seleccionada entre os finalistas Corea do Sur e Polonia

Hai uns meses a Federación Española de Clubes campistas (FECC) presentou a candidatura da Guarda para acoller o Encontro Internacional da Federación Internacional de Camping, caravaning e autocaravaning (FICC) en 2021 sendo seleccionada entre os finalistas Corea do Sur e Polonia.

Onte 24 de xuño na Casa dos Alonso tivo lugar a primeira reunión de traballo para coordinar e xestionar todos os esforzos para que a organización do encontro anual internacional sexa un éxito.

Nesta primeira reunión de traballo estiveron a Concelleira de Turismo, Elena Baz, a técnica de Turismo, Rosalía Verde, e os representantes do Comité organizador en España que está integrado pola Federación Española de Clubs campistas asistiron o seu presidente, José Vicente, o seu vicepresidente, Miguel Merino, o vocal Andrés Sánchez, e do Camping Caravaning Club de Galicia- Vigo, o seu presidente, Juan Antonio Cidanes, e o vocal, José Iglesias, que é o responsable das relacións coa FICC.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.