Inicio Val Miñor Baiona Baiona presenta, baixo o lema “Refúxiate na cultura”, unha programación cara o...

Baiona presenta, baixo o lema “Refúxiate na cultura”, unha programación cara o verán adaptada ás medidas de seguridade 

Baiona presenta, baixo o lema “Refúxiate na cultura”, unha programación cara o verán adaptada ás medidas de seguridade Técnicos de prevención vixiarán que cada actividade cumpra coas normas establecidas polas autoridades sanitarias

Onte presentouse en Baiona a programación do Baiverán 2020, que se desenvolverá no municipio durante os meses de xullo, agosto e setembro. Un programa variado de propostas culturais que, baixo o lema “Refúxiate na cultura”, ten o propósito de cubrir o espazo de lecer de habitantes e turistas logo de tantos meses de incertidume e confinamento.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Cultura, Miriam Costas, presentaron unha programación que, por mor dos efectos causados pola crise sanitaria, estará adaptada á nova normalidade para garantir a seguridade dos visitantes e dos propios veciños de Baiona. O Concello de Baiona, Municipio de Excelencia Turística, deseñou un programa de actividades para todos os públicos cumprindo estrictamente coas recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias.

Carlos Gómez salientou que “unha vez saído do Estado de Alarma, e con moita cautela, estamos na obriga de conciliar, promover e impulsar todos os sectores que inflúen no desenvolvemento da nosa Vila, como motor económico,  o empresarial e comercial, o turístico e o cultural”. A programación, sinala o alcalde, reduciuse considerablemente en comparación con outros anos “pero sen perder a calidade”. “Programámolos fóra da fin de semana para reducir a masificación e poder disfrutar das actividades con todas as garantías”, comentou durante a presentación. O alcalde quixo tamén lembrar que “as portas de Baiona estarán sempre abertas ao turismo porque vivimos del e somos xente hospitalaria”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, comentou durante a súa intervención que dende o departamento que dirixe foron conscientes en todo momento da “gran responsabilidade que tiñamos en apoiar ao sector cultural local e do entorno máis próximo a Baiona,  sen perder en ningún momento a consciencia do risco que supón a organización de eventos, neste verán postcovid, nun municipio turístico como o noso, un dos máis importantes das Rías Baixas Galegas e destino turístico de miles de visitantes”. Acto seguido, Costas anunciou as distintas actividades programadas para o Baiverán entre as que destacan concertos, monólogos ou cine na rúa.

Baiona presenta, baixo o lema “Refúxiate na cultura”, unha programación cara o verán adaptada ás medidas de seguridade 

Tamén quixo agradecer publicamente o exercicio de responsabilidade que as agrupacións musicais e culturais da vila están a realizar optando por facer un descanso nas súas actuacións. Aínda así, a concelleira informou de que retomarán a súa actividade en outubro. Do mesmo xeito, Costas anunciou que unha das decicisións “máis dolorosas” que tivo que tomar o seu departamento foi o de non celebrar a Festa da Anunciada.

A empresa organizadora de eventos Elemental Street será a encargada de garantir que todas as actuacións cumpran con todo os protocolos e as recomendacións que estipulan as autoridades sanitarias. Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.

Baiona presenta, baixo o lema “Refúxiate na cultura”, unha programación cara o verán adaptada ás medidas de seguridade 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies