Inicio Pontevedra Nigrán recupera a antigua escola infantil do Torreiro de Priegue e a...

Nigrán recupera a antigua escola infantil do Torreiro de Priegue e a súa contorna

 

nigran-recupera-a-antigua-escola-infantil-do-torreiro-de-priegue-e-a-sua-contorna

O proxecto, cun investimento de máis de 73.000 euros, tamén contempla unha área recreativa infantil, a distribución  de novos espazos de xogos e a colocación de mobiliario urbano

 O Concello de Nigrán rehabilitará a antiga escola infantil situada nos arredores do centro cultural O Torreiro de Priegue cun investimento de máis de 73.000 euros (73.895,45), procedentes do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra e incluído nos orzamentos para este ano que se levarán a  pleno o vindeiro 3 de marzo. Con esta intervención, o goberno local cumpre así coas demandas que viñan realizando entidades sociais e veciñais desta parroquia co obxecto de dispoñer dun local acondicionado no que levar a cabo as súas actividades.

As actuacións previstas non só contemplan a reforma interior da edificación, á que se dotará dun baño adaptado, unha oficina e unha zona de espazos comúns, e a súa rampa de acceso, senón que suporá, ademais, a mellora do aspecto e funcionamento da súa contorna.

Así, durante os dous meses de execución das obras, recuperarase o parque infantil existente, actualmente en estado de deterioro e cun céspede artificial reutilizado, colocarase novo mobiliario urbano, como bancos, papeleiras e unha fonte, e distribuiranse os espazos de xogos, tanto para a petanca como para a pista multideportes. Tanto a área recreativa infantil como a zona de multixogos e petanca contarán cunha nova iluminación e delimitaranse cunha cerca, retirando a existente.

“Queremos crear un recinto pechado e seguro para as nenas e os nenos de Priegue, pero sobre todo, que as asociacións sociais e culturais desta parroquia, que dedican moito tempo e esforzo a mellorar a vida dos  seus veciños, poidan ter un espazo en óptimas condicións, como o da antiga escola,  para desenvolver a súa programación”, apunta o alcalde de Nigrán, Juan González.

nigran-recupera-a-antigua-escola-infantil-do-torreiro-de-priegue-e-a-sua-contorna

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies