Inicio Pontevedra Baixo Miño A figura de Rosalía de Castro centra as actividades programadas en A...

A figura de Rosalía de Castro centra as actividades programadas en A Guarda para este sábado

a-figura-de-rosalia-de-castro-centra-as-actividades-programadas-en-a-guarda-para-este-sabadoOs nenos e nenas gozarán dunha sesión especial de “Contos Contados” na Biblioteca. Pola noite haberá un recital poético e musical no Centro Cultural.

 Este sábado, 27 de febreiro, o Concello da Guarda ten programadas diferentes actividades, tanto para nenos coma para maiores, centrados na figura da poeta Rosalía de Castro.

a-figura-de-rosalia-de-castro-centra-as-actividades-programadas-en-a-guarda-para-este-sabadoDentro do ciclo de “Contos Contados” que se celebra mensualmente na Biblioteca Municipal, este sábado haberá unha sesión centrada na escritora galega máis recoñecida. Nesta actividade os nenos e nenas participantes verán un pequeno vídeo explicativo da figura de Rosalía de Castro e despois traballarán a figura da poeta a través dun obradoiro que terminará coa lectura de varios poemas da autora.

Ás 20,30 horas, no Centro Cultural haberá un evento para por en valor tanto a biografía como a obra de Rosalía de Castro. O veciño guardés Manuel Cadilla Rey, coñecido como “Maruxo” será o encargado de recitar algún dos seus poemas e grupos coma “Carainas”, “Ghaiteiros do Carreiro” e “Tremelique”, da Agrupación Cultural Guardesa serán os encargados de pór a música a este acto.

O evento será presentado por Betty Rey.

O Concello da Guarda quere convidar a todos os veciños e veciñas da Guarda a acudir a este evento e gozar da obra e vida de Rosalía.

 Actividades para os nenos e nenas

 Por motivos meteorolóxicos o Concello da Guarda tivo que aprazar as actividades programadas cos diferentes centros escolares en honor a figura de Rosalía de Castro.

Deste modo, o luns pola mañá, os alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria, pintarán o mural deseñado na rúa San Bernardo.

A “Marcha por Rosalía” con nenos e nenas de Educación Primaria de todos os colexios guardeses aínda non ten data fixada, se celebrará dependendo das condicións climatolóxicas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies