Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán recibe más de 200.000 € da Deputación para a creación de...

Nigrán recibe más de 200.000 € da Deputación para a creación de dous parques

nigran-recibe-mas-de-200-000-e-da-deputacion-para-a-creacion-de-dous-parques
O alcalde de Nigrán enseña os terreos a Carmela Silva na vista que fixo a Nigrán o 31-03-2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas achegas por valor de 106.277,45 e 141.703,95 € ao concello de Nigrán destinados á creación do parque mestre Xosé Vázquez Grela e outro na rúa Ana Isabel Costas, en San Pedro.

Serán os primeiros parques infantís adaptados para persoas con diversidade funcional do Val Miñor. O Concello habilitaraos en terreos municipais en desuso que o goberno local pretende recuperar para os cidadáns.

Un dos parques situarase no xardín Mestre Xosé Vázquez Grela, un terreo de 3.660 metros cadrados xunto á Avenida Val Miñor, que os nigranenses apenas utilizan, moitos non saben que existe. A pesar de tratarse dunha zona pública, existe a crenza de que pertence á urbanización anexa.

O outro espazo adaptado formará parte dunha gran zona lúdico deportiva situada en terreos da rúa Ana Isabel Costas, xunto ao campo de fútbol de Vilariño. Un terreo de 5.500 metros cadrados que incluirá área de xogos, circuíto de obstáculos e unha pista multideporte para a práctica de varios deportes, como baloncesto ou fútbol, ademais dunha ampla zona verde.

Estas dúas axudas, que suman a cantidade de 247.981,40 €, correspóndense á liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Goberno provincial ao abeiro do Plan Concellos, que destinou 32.500,42 € na liña 1 á creación dun parque infantil de San Roque (Campos), subministrar o mobiliario urbano da Alameda de San Campio e crear un parque biosaudable en Chandebrito, así como 35.062,08 € na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a Carreira Nigrán Área, “Illas Estelas”, guías por sendeiros, un programa municipal de canguros, os campamentos de verán, “Verán en Nigrán”, “Outono Cultural”, a II Trail e BTT Nigrán, o Campionato Mundial de Bolos, a Festa de San Félix, o Entroido, o Nadal Cultural e o Festival Nigrán Jazz – X Aniversario) e 213.215,31 €, finalmente, na liña 4 –emprego– para a contratación de 29 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Nigrán sitúase no 55,8% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte do Goberno provincial ao abeiro desta iniciativa acada a cifra de 528.759,21 €.

Ler máis: “As cidades teñen que ser o espazo onde as persoas vivamos con dignidade” Carmela Silva na súa visita a Nigrán

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies