Inicio Pontevedra "As cidades teñen que ser o espazo onde as persoas vivamos con...

“As cidades teñen que ser o espazo onde as persoas vivamos con dignidade” Carmela Silva na súa visita a Nigrán

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, estivo esta mañá en Nigrán na primeira visita institucional que fai a esta localidade. 

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá a primeira visita institucional á localidade da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. No encontro, o rexedor informou á responsable dalgunhas das intervencións que se levarán a cabo dende o consistorio cos 699.000 do Plan Concellos 2016 que achega a institución provincial ao municipio.

“Hay moitas parcelas de titulariedade local que moita xente nin sabe que existen porque debido ao seu profundo deterioro, están en desuso. Estes fondos investiranse en distintas actuacións nas sete parroquias do municipio co obxectivo de que cada unha dispoña de espazos rehabilitados, dotados dos elementos precisos para uso público e accesibles“, explicou González, quen suliñou que a pretensión final destes proxectos é “mellorar a calidade de vida dos veciños de Nigrán”.

Entre eles, destacou a recuperación dos máis de 3.600 metros cadrados do xardín Mestre Xosé Vázquez Grela, sito no centro de Nigrán, e dunha parcela de 5.500 metros cadrados na rúa Ana Isabel Costas, próxima ao campo de fútbol de Poutón-Vilariño, aos que se destinarán máis de 247.000 euros.

Nigrán contará co primeiro parque da comarca adaptado a persoas con discapacidade.

González amosou o terreo da Avenida Val Miñor a Carmela Silva incidindo en que será o primeiro parque da comarca adaptado a persoas con discapacidade. Esta intervención, cuxo custo ascende a máis de 100.000 euros (106.277,45), permitirá crear dúas zonas de usos dentro da parcela, separada por unha senda peonil. Nunha parte crearase un circuíto biosaudable destinado á terceira idade e a outra terá un carácter máis lúdico e de esparexemento, cun parque infantil que contará cunha tirolina, un columpio adaptado, unha mesa de xogo de xadrez, un rocódromo ou un circuíto de obstáculos, entre outros equipamentos.

O rexedor resaltou tamén as obras que se van realizar no espazo da rúa Ana Isabel Costas (Vilariño), no que se investirán máis de 140.000 euros (141.703,95 euros). Este xardín tamén se dividirá en dúas zonas diferenciadas segundo o seu uso. Na de carácter lúdico, instalarase un parque infantil cunha tirolina, un circuíto de obstáculos e un rocódromo, mentres que a superficie deportiva constará dunha gran pista multideporte de 22 metros de longo por 12 metros de ancho para a práctica de varias disciplinas, como baloncesto ou fútbol, en total perto de 5000 metros de espacio deportivo.

O alcalde aproveitou a presenza de Silva para agradecerlle as aportacións do Plan Concellos “porque nos permiten proporcionar un mellor servizo á cidadanía”. A presidenta, pola súa parte, declarou sentirse “moi satisfeita” co labor de González e alabou os seus “profundos valores e principios”, así como o seu traballo a prol de “mellorar a vida da xente”. “É unha satisfacción que se adiquen estes recursos a dignificar estes espazos públicos para a cidadanía”, afirmou a responsable.

Así mesmo, aproveitou para comunicar que as relacións co Concello de Nigrán dende a Deputación de Pontevedra non se limitarán a este fondo local, senón que se ampliarán a outros proxectos, como un plan de turismo global que permita potenciar na localidade un dos sectores con maior crecemento económico e que crean máis emprego, ou a humanización do entorno do municipio, comezando pola Praza da Constitución.

“Cuando pasen estos catro anos, a xente no vai recoñecer Nigrán” Carmela Silva

“Nos vindeiros catro anos Nigrán vai converterse nunha vila da que a xente vai estar moi orgullosa porque vai ser máis fermosa, con máis recursos e servizos e, sobre todo, máis humana. E ese é o modelo que a Deputación quere trasladar a todos os concellos de Pontevedra, que sexa recoñecida como a provincia das persoas, onde estas viven con dignidade”, pronosticou Silva.

- Publicidade -

1 comentario

Comments are closed.

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies