spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán recibe a 12 nenos saharauís que pasaron o verán na comarca

Nigrán recibe a 12 nenos saharauís que pasaron o verán na comarca

 

Nigrán-Recepción niños saharauisO tenente de alcalde de Nigrán, Alberto García, a concelleira de Benestar Social e Sanidade, María del Carmen Alonso-Macías, e outros membros do equipo de goberno recibiron hoxe a unha ducia de nenos saharauís que están a gozar de dous meses de estadía, grazas á SOGAPS (Solidaredade Galega có Pobo Saharauí).

Cada verán, esta asociación coordina o desprazamento de nenos do Sahara de entre 7 e 12 anos de idade, co triplo obxectivo de afastalos do duro sol do deserto nos meses de verán, darlles cobertura sanitaria grazas a un convenio de colaboración asinado co SERGAS e mellorar a súa alimentación e dotarlles de roupa e calzado.

Un labor a de SOGAPS que é posible grazas á colaboración de moitas familias da comarca, que de forma altruísta e ano tras ano abren as súas portas a estes nenos. Neste sentido, o rexedor municipal fai un chamamento ás familias do municipio e da comarca a colaborar con esta asociación, a través do correo electrónico asociacionsogaps@yahoo.es ou entrando na páxina www.sogaps.org.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.