spot_img
InicioVal MiñorGondomarPresentada a II edición de Las Tapas del Conde

Presentada a II edición de Las Tapas del Conde

Presentada a II edición de Las Tapas del CondeDezaseis establecementos de Gondomar participan no evento que recoñecerá á mellor tapa cun premio outorgado polo Conde de Gondomar

Esta mañá, o Centro Neural de Gondomar, acolleu a presentación da II edición de Las tapas del Conde. Estas xornadas gastronómicas, organizadas pola Concellaría de Turismo do Concello de Gondomar, en colaboración coa Comisión de Hostaleiros de Gondomar e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), darán comezo mañá xoves e prolongaranse ata o domingo 17 de agosto.
Durante as catro xornadas, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas entre doces e saladas: pincho mariñeiro, alitas de polo ‘al ajillo’, polbo con gambas, entre outras; en dezaseis establecementos de Gondomar. O prezo por tapa será de dous euros.
Fernando Guitián, alcalde do municipio, mostrouse moi satisfeito polo interese que espertou esta iniciativa. “O primeiro ano, aínda que comezamos algo titubeantes, resultou magnífico. A verdade é que a sensación dos hosteleiros é que o pasado ano foi éxito. Por iso é lóxico que sigamos adiante con esta iniciativa, engadindo algúns cambios. Por exemplo, nesta edición van ser a xente a que vote á mellor tapa”, apunta.
A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual Conde de Gondomar. Os que desexen participar para elixir a mellor tapa deste 2014 deberán adquirir unha tarxeta, dispoñible nestes 16 establecementos, na que puntuarán ás distintas tapas. Ademais, entre os participantes que consuman, polo menos, catro tapas nestes establecementos, sortearanse un xamón ibérico Dehesa de Extremadura, un lacón Ibérico Dehesa de Extremadura e unha caixa de viños (3 botellas Reserva Viña Ardanza 3 botellas Alberdi Crianza).
Ao finalizar a presentación, o regidor gondomareño quixo mostrar o seu agradecimiento a OVALMI “por crer nesta iniciativa”, aos hosteleiros polo seu esforzo, ao Conde de Gondomar pola súa presenza e apoio e finalmente aos medios de comunicación pola súa labor de difusión; recoñecementos aos que se sumou a concelleira de Turismo, Paula Bouzós.
A presentación de hoxe contou coa presenza do actual Conde de Gondomar, Don Gonzalo Fernández de Córdoba e Narváez, do alcalde do municipio, Fernando Guitián, a concelleira de Turismo, Paula Bouzóse representantes dá Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI).

- Publicidade -spot_img