spot_img
InicioVal MiñorBaionaÉxito da Frades Sunset Festival de Baiona

Éxito da Frades Sunset Festival de Baiona

Éxito da Frades Sunset Festival de Baiona.O cartel de artistas que participaban na festa traduciríase en éxito en calquera lugar pero se se realiza nun enclave privilexiado, como é a praia Dos frades, transfórmaa nun evento único.

O festival deu comezo cunha sesión chillout idónea para apreciar a posta de sol sobre a ría coas Illas Cíes de fondo. Este momento deu paso aos diferentes artistas que foron animando a noite: Groove Amigos, Traffic House, Yaggo, David Carrera, Pablo Méndez performance e o tan esperado Brian Cross, artista español de éxito internacional, con espectáculo fixo na noites ibicencas, acompañados todos eles por gogós e animación.

O incrible espectáculo que ofreceron os artistas no escenario, situado aos pés da muralla e con vistas á Virxe da Rocha, que lucía espectacular, fixeron as delicias dun público entregado.

Foron oito horas de espectáculo ao que acudiron aproximadamente 5.000 persoas nesta primeira edición.

A Frades Sunset Festival, organizada por ao Concello de Baiona, Aceba e os locais nocturnos D’Sastre, La Llave, Pórtiko, Bibendum, Malabar e Vila Rosa, pretende chegar a ser un clásico do verán de Baiona e os arredores.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.