spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán programa para este Nadal máis dunha trintena de actividades para todos...

Nigrán programa para este Nadal máis dunha trintena de actividades para todos os públicos

Nigrán programa para este Nadal máis dunha trintena de actividades para todos os públicosTras o primeiro Nadal sen restricións desde 2020, regresarán as rondallas, o concerto de corais, as probas deportivas, o teatro… e como novidade obradoiros e cine infantil e o 26 e 27, 28 e 29 de Decembro

Revista COUSAS DE Nº15

O Concello de Nigrán ven de publicar na súa páxina web www.nigran.es (apartado ‘Próximos Eventos’) toda a súa programación de Nadal con máis dunha trintena de actividades para todos os públicos ás que se sumarán máis nos vindeiros días.

Tras dous anos con restricións sanitarias, o Concello retoma a programación habitual con rondallas, concerto de corais, teatro, eventos deportivos, mercado de inverno e, como novidade, obradoiros para cativos o 26 e 27 e cine infantil o 28 e 29 no Auditorio Municipal coas películas “Coco” e a “Viaxe de Chihiro”

Así, tras o acendido do mércores 7, o día 8 terá lugar no Auditorio  o tradicional concerto de corais con todas as formacións do municipio, suspendido nos dous anos anteriores, e que como é tradicón, terá un fin solidario ao recadar alimentos non perecedoiros para o Banco Municipal de Alimentos. En canto a música, aínda que as ‘Rondallas’ son as protagonistas naturais desta época (con Certame de Rondallas do Val Miñor a mañá do domingo 18 na Ramallosa e percorrido por Nigrán a tarde do 24) tamén haberá concertos como o do grupo de acordeóns Tarataña o día 11.

O día 21 celebrarase o tradicional baile de maiores no Auditorio Municipal e o 22 o Concerto de acordeóns “Compás 21” no auditorio do Torreiro de priegue. Para o día 27 de decembro deifrutaremos do festival de música tradicional benéfico  da agrupación de integración “Ardelume”.

As probas deportivas serán protagonistas neste Nadal coa estrea en Porto do Molle o sábado 11 do ‘II Trofeo Ciclocross Concello de Nigrán ZFV’ e do campionato galego de Kung-Fu o 17 no Pavillón Municipal. Os días 26 e 27 o Torneo do Clube Baloncesto Nigrán “Encesta un alimento” e como é tradición no fin de ano nigranés, o 31 será a xuntanza dos ‘Arroases’ para nadar nas augas de Panxón e pola tarde a carreira popular ‘San Silvestre’, ambas non competitivas. A isto súmanse os paseos saudables todos os sábados ata o 17 de decembro con inscrición previa en oficinaturismo@nigran.org.

O teatro estará presente cada semana; o sábado 10 con Tiruleque Teatro coa función ‘Soutelo Enterprises’; o 17 coa compañía ‘A Tequerreté Teatro’ representando ‘Confinad@s’, o 23 voltan a Nigrán  ‘Fulano, Mengano e Citano’  e o 30 coa gala-aniversario do grupo nigranés ‘Teatro do Ar’. 

A Fundación Igualarte levará a cabo un contacontos para crianzas de 5 a 8 anos o sábado 10 na Biblioteca Municipal ou un obradoiro para primeira infancia o día 17 para o cal é preciso inscribirse previamente en www.nigran.es . Ademais, ‘El Telefonillo’ continuará cos seus obradoiros de ‘O vaivén das historias’ cun obradoiro para avós e nenos o día 20 e 22, exposición do recadado do 4 ao 7 de Xaneiro e festa de xuntanza o día 7 a mediodía  no Auditorio.

Igualmente, e como propio do Nadal, repetirase o ‘Mercado Bule Bule’ o 16, 17 e 18 na Praza Rosalía de Castro. E como non podería ser doutro xeito, os papanoeles moteiros non faltarán a súa cita o 16 de decembro, o apalpador visitará o día 16 A Ramallosa, Papá Noel o día 24 Chandebrito. Durante todo o Nadal a Oficina de turismo de A Ramallosa convertirase na “Casa de Chocolate” donde os 23 e 24 de cembro haberá actividades e estará Papa Noel recibindo aos máis cativos así como o 3 e 4 de xaneiro onde os paxes reais recolleran as cartas para os Reis Magos.

Finalmente o día 5 Nigrán recibirá As Súas Maxestades de Oriente cunha gran Cabalgata que sairá da praza do concello e rematará cuunha gran festa no Pavillón Municipal de Panxón.

O Nadal despedirase o sábado 7 de xaneiro co Concerto de Saxos de Redondela e o domingo 8 co concerto da Coral Novos Aires de Nigrán.

Toda a programación estará pendurada e actualizada na web www.nigran.es (Próximos Eventos).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.